Logo Unión Europea
|
GA
Escudo Concello de Vigo

Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)

Una manera de hacer Europa

Últimas noticias

Noticias do servizo de información comunitario sobre investigación e desenvolvemento

Lista de noticias

Noticias

17/01/2019. O Concello prevé rematar en marzo a construción do ascensor entre San Salvador e a Praza de Isabel A Católica

Foto noticia
O goberno local vén de retomar as obras de construción do elevador entre San Salvador e a Praza de Isabel A Católica, unha actuación que rematará en marzo e que está financiada con fondos europeos. Segundo explicou o rexedor, Vigo é a cidade europea con maior instalación de ascensores, ramplas mecánicas e sistemas modernos de comunicación. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

27/12/2018. O Concello instala a pasarela de acceso ao ascensor panorámico do parque Camilo José Cela

Foto noticia
O alcalde supervisou hoxe xoves a montaxe dunha pasarela de 40 toneladas, á altura de Pi y Margall, que servirá como miradoiro e de acceso ao elevador que unirá Torrecedeira e Pi y Margall. O orzamento, de 2,8 millóns, inclúe a renovación completa do parque Camilo José Cela. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

26/12/2018. O rexedor inaugura a humanización de Marqués de Valterra que inclúe un ascensor panorámico

Foto noticia
Cun investimento de máis de 870.000 euros, supón a renovación de pavimentos e redes de saneamento e abastecemento amais de permitir a conexión vertical de Torrecedeira e Marqués de Valterra e contar cun mural de arte urbana. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

21/12/2018. O Concello instala a estrutura de 25 metros do novo ascensor do parque Camilo José Cela

Foto noticia
Este venres queda instalada a estrutura de aceiro de 25 metros que acollerá no seu interior o ascensor panorámico que unirá Torrecedeira con Pi y Margall, xunto ao parque Camilo José Cela, que tamén será completamente renovado. O alcalde, quen visitou os traballos de montaxe, subliñou o investimento próximo aos 3 millóns. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

17/12/2018. O Concello de Vigo ten en marcha ou en proxecto para este mandato obras por valor de 142 millóns

Foto noticia
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance este luns das obras que están en marcha na actualidade ou que serán proxectadas dentro do presente mandato. "Nunca na historia da cidade houbo nada parecido", dixo o rexedor tras a súa visita á humanización da Avenida Atlántida. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

10/12/2018. O Concello arranca o mércores a última fase da humanización de Camelias con 2.165.000 euros

O alcalde deu conta esta mañá dun investimento de 5,8 millóns en obras en marcha ou a punto de comezar. En concreto, referiuse á última fase da humanización de Camelias, á remodelación de Marqués de Valterra -xa rematada- e ao parque de Camilo José Cela, estas dúas últimas actuacións, con ascensor incluído. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

04/12/2018. O alcalde "orgulloso" da mención especial da UE á política de accesibilidade de Vigo

Foto noticia
Abel Caballero asistiu na sede da Comisión Europea en Bruxelas á entrega dos Access City Award que recoñecen o labor de varias cidades a prol da accesibilidade e mobilidade cidadá. Vigo é a única cidade española premiada, entre 52 de toda Europa. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

30/11/2018. O Concello inviste 9,2 millóns en humanizar Don Bosco, Camelias e a Gran Vía

O alcalde anunciou as adxudicacións da humanización do último tramo de Camelias -cun orzamento de 2.165.000 euros- e das cintas mecánicas da Gran Vía -con 5.189.000 euros-, ademais da aprobación o proxecto de mellora da Ronda de don Bosco, por 1.852.000 euros. O Concello ten 18 actuacións en marcha por importe de 27,3 millóns. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
Logos