Escudo Concello de Vigo

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)

Unha maneira de facer Europa

Medidas e compromisos do Concello como Organismo Intermedio Lixeiro

Co obxectivo de xerar procedementos adecuados e accións eficaces contra o fraude que sexan proporcionais aos posibles riscos, o Concello de Vigo, no seu Manual de procedementos das Entidades Dusi, estrutura a súa estratexia de actuación nos seguintes catro ámbitos básicos que constitúen o ciclo da loita contra o fraude, co fin de reducir a súa aparición ao mínimo posible:

Prevención

O Concello de Vigo ten a firme determinación de actuar en contra de todo tipo de prácticas fraudulentas que poñan en perigo o logro dos obxectivos definidos na Estratexia DUSI.

Nesta finalidade, o Comité de seguimento de medidas antifraude adopta un papel relevante na realización da autoavaliación inicial e as revisións periódicas.

Ademais, a estes efectos, o Concello conta con un Código Ético e de Conduta nesta materia, que se atopa dispoñible no portal de internet para difundilo entre o persoal involucrado na xestión e execución dos proxectos. Os principios nos que se fundamenta este Código poden resumirse nos seguintes compromisos de conduta:

  • Cumprimento rigoroso da lexislación aplicable.
  • Uso adecuado dos recursos públicos, conforme á programación aprobada.
  • Integridade, profesionalidade e honradez na xestión.
  • Transparencia e bo uso da información.
  • Trato imparcial e no discriminatorio aos beneficiarios.
  • Salvagarda da reputación do Concello de Vigo.

Como medidas preventivas adicionais, o Concello se adheriu á política adoptada por la AG en materia de loita contra o fraude, regulando un modelo de "declaración tipo de ausencia de conflito de intereses" para todo o persoal involucrado na xestión de fondos FEDER.

Detección

Unha peza clave da estratexia de loita contra o fraude é un robusto sistema de control interno. Hai que asegurar que os procedementos de control interno focalizan a atención nos puntos principais de resgo de fraude, que poñan en perigo o logro dos obxectivos definidos no Programa Operativo ou atenten contra os presupostos públicos, nacionais e comunitarios. Ademais, a simple existencia deste sistema de control servirá de elemento disuasorio a perpetración de fraudes.

Nesta liña de búsqueda de indicios de fraude dentro dos procedementos de verificación ordinarios, se utilizará o catálogo de signos ou marcadores de resgo, denominadas “bandeiras roxas” na terminoloxía das Guías da Comisión Europea, segundo o disposto a este efecto no Manual de Procedementos Interno do Concello de Vigo. Trátase de indicadores de aviso de que puidera estar acontecendo unha actividade fraudulenta e a súa identificación implica unha resposta inmediata de petición de aclaracións ou de investigacións adicionais ou consulta de datos externos, recollendo en todo caso o dereito a informar a un punto de contacto externo independente das irregularidades ou infraccións detectadas.

Así mesmo, dentro do proceso de detección se establecen controis durante o proceso de selección de operacións e un Canal de denuncias aberto, que engloba as denuncias que puideran presentarse.

Corrección e persecución

O Concello establecerá medidas antifraude e informará ás entidades competentes de posibles sospeitas de fraude detectadas á maior brevidade posible e das medidas que se apliquen para a súa corrección e persecución.

As medidas de prevención e detección de fraude se incorporarán nos procesos de control interno das operacións. Os sistemas internos de control serán revisados ante unha sospeita de fraude o fraude probado, por si se viron afectadas e , se fora necesario, se rectificarán.

Ademais, a detección de posible fraude, conlevará a inmediata paralización da actuación, a notificación ás partes implicadas e a realización das operacións, e a investigación, corrección e, no seu caso, persecución dos autores do fraude finalmente detectado. Así mesmo, existe o compromiso de informar ao Organismo Intermedio de Xestión e, no seu caso á Oficina Europea de Loita contra o Fraude (OLAF), das irregularidades e sospeitas de fraude que se puidesen detectar.

Logos