Escudo Concello de Vigo

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)

Unha maneira de facer Europa

Declaración Institucional contra o fraude

Ademais das actuacións postas en marcha en relación coas medidas antifraude e tendo en conta o marco das políticas europeas en materia de antifraude, a Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda e Función Pública, traslada ás entidades beneficiarias de Fondos FEDER, a recomendación de establecer compromisos en relación á tolerancia cero ao fraude, adoptando medidas proactivas e proporcionadas para xestionar o risco de fraude. Dentro desta liña de actuacións, a Dirección Xeral de Fondos Comunitarios desenvolveu unha declaración institucional en materia antifraude, á cal o Concello de Vigo adheriuse co seguinte contido:

"O Concello de Vigo na súa dobre condición de "organismo Intermedio lixeiro" e "beneficiario" de Fondos FEDER, no marco da primeira convocatoria de selección de estratexias de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado ( DUSI) cofinanciadas a través do o Programa Operativo de Crecemento Sustentable FEDER 2014-2020, realiza a seguinte declaración institucional en materia antifraude:

Un dos principais obxectivos definidos pola Comisión Europea, para o devandito período 2014-2020 é reforzar, dentro do ámbito das súas competencias, a política antifraude no desenvolvemento das súas funcións. Por iso, o Concello de Vigo quere manifestar o seu compromiso cos estándares máis altos no cumprimento das normas xurídicas, éticas e morais e a súa adhesión aos máis estritos principios de integridade, obxectividade e honestidade, de maneira que a súa actividade sexa percibida por todos os axentes que se relacionan con ela como oposta ao fraude e a corrupción en calquera das súas formas. Todos os membros do seu equipo directivo asumen e comparten este compromiso.

Doutra banda, os empregados públicos que integran o Concello de Vigo teñen, entre outros deberes, "velar polos intereses xerais, con suxeición e observancia da Constitución e do resto do ordenamento xurídico, e actuar con arranxo aos seguintes principios: obxectividade, integridade, neutralidade, responsabilidade, imparcialidade, confidencialidade, dedicación ao servizo público, transparencia, exemplaridade, austeridade, accesibilidade, eficacia, honradez, promoción da contorna cultural e ambiental, e respecto á igualdade entre mulleres e homes" (Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, artigo 52).

O obxectivo desta política é promover dentro da organización unha cultura que desalente toda actividade fraudulenta e que facilite a súa prevención e detección, promovendo o desenvolvemento de procedementos efectivos para a xestión destes supostos. Así, entre outras medidas, o Concello de Vigo incorporará procedementos para declarar as situacións de conflito de intereses.

O Concello de Vigo constitúe a estes efectos cun equipo de avaliación de riscos, para a revisión e actualización periódica da política antifraude, así como o seguimento dos resultados. Tamén conta coa colaboración dos diferentes responsables e xestores de procesos para asegurar que existe un adecuado sistema de control interno dentro das súas respectivas áreas de responsabilidade e garantir, no seu caso, a debida dilixencia na implementación de medidas correctoras.

Así mesmo o Concello de Vigo dispón de ferramentas informáticas que rexistran e almacenan a información precisa de cada operación para garantir a fiabilidade e regularidade en relación co gasto.

O Concello de Vigo puxo en marcha medidas eficaces e proporcionadas de loita contra a fraude, e aplicará as propostas da comisión de avaliación do risco de fraude realizada para o efecto. Adicionalmente, conta con procedementos para denunciar aquelas irregularidades ou sospeitas de fraude que puidesen detectarse. Todos os informes trataranse na máis estrita confidencialidade e de acordo coas normas que regulan esta materia.

En definitiva, o Concello de Vigo ten unha política de tolerancia cero fronte á fraude e a corrupción e estableceu un sistema de control robusto, deseñado especialmente para previr e detectar, na medida do posible, os actos de fraude e corrixir o seu impacto, en caso de producirse".

Logos