Escudo Concello de Vigo

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)

Unha maneira de facer Europa

Estratexia de Desenvolvemento Urbano VIGO VERTICAL

Desde este Concello levamos anos mirando cara ao futuro e traballando en converter a cidade de Vigo nun lugar de progreso social, de atracción e motor de crecemento económico, de diálogo cultural e ambientalmente sostible.

Seguindo con esta liña de traballo nace a nosa Estratexia de Desenvolvemento Urbano Vigo Vertical cofinanciada con fondos FEDER. Esta estratexia aséntase sobre catro Obxectivos Temáticos:

  • OT 2: Mellorar o acceso, o uso e a calidade das tecnoloxías da información e da comunicación. É un dos ámbitos que teñen unha gran influencia no desenvolvemento urbano sostible e intelixente pola súa aplicación transversal.
  • OT 4: Favorecer o paso a unha economía de baixas emisións de carbono en todos os sectores.
  • OT 6: Conservar e protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos.
  • OT 9: Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera discriminación. É necesario apoiar a rexeneración das comunidades das áreas urbanas desfavorecidas, tendo en conta a perspectiva de xénero.
Logos