Escudo Concello de Vigo

Parques e sendeirismo

A Guía

O monte da Guía atópase situado no barrio de Teis. Desde este parque temos unhas espectaculares vistas de Vigo e da súa Ría, coas illas Cíes de fondo.

Na súa aba, hai pequenas praias como a da Lagoa ou a da Punta, e un paseo a través dunha senda botánica sinalada. Destacan entre a súa fauna os piñeiros e os carballos.

Antigamente, as mulleres dos pescadores subían a este monte para facer fogueiras e así poder orientar os seus maridos de regreso ao peirao.

Na cima atópase unha pequena ermida erixida en honra da Nosa Señora das Neves.

Para poder acceder ao monte da Guía, é recomendable ir en coche ou en autobús urbano (liña 17).