- Inicio
- Vigo
- Cultura e arte
- Museos, Fundacións e Centros culturais
- Centro Cultural Novacaixagalicia
Cultura e arte
Centro Cultural Novacaixagalicia
Horario :
- Luns a venres: de 8:30 a 15 horas.
Servizos:
- Sala de Conferencias: 2º andar. Aforo: 81 persoas
- Sala de Exposicións: 3º andar
Edificio a dúas fachadas, de corte modernista, construído en 1891 por Francisco Solleiro Negrete, sobre planos do arquitecto Manuel Felipe Quintana. En 1990 procedeuse á súa rehabilitación para convertelo na Fundación Caixa Galicia.
A Obra Social de Caixa Galicia ten o obxectivo de mellorar a calidade de vida da poboación, fomentando a participación, o voluntariado, o asociacionismo e achegando as novas tecnoloxías ao conxunto da sociedade. Contribúe á formación e integración de nenos e mozos; realiza accións de solidariedade internacional e de protección do medio; ademais colabora cun gran número de institucións públicas e de entidades non lucrativas, realizando acción social compartida. A Obra Social desenvolve actividades de promoción da cultura en todas as súas manifestacións, a investigación, a ciencia, a arte, a creación de capital humano, etc.
En once localidades das catro provincias galegas, a Obra Social conta con 25 sedes permanentes nas que se desenvolve unha gran parte das actividades socioculturais: centros para maiores, centros infantís e xuvenís, edificios multiusos, salas de exposicións e conferencias, bibliotecas e centros de novas tecnoloxías.