Cultura e arte

O antigo Reitorado da Universidade de Vigo

  • Arquitecto: Manuel Uceda
  • Ano: 1863
  • Localización: rúa Oporto, 1

Tras varios proxectos de edificación fracasados, finalmente, o 1 de febreiro de 1863 asinouse o proxecto do edificio actual. O seu autor, Manuel Uceda, posuía a titulación de mestre de obras pola Academia de San Fernando de Madrid e era, ademais, axudante de obras públicas da provincia.

O edificio actual é o único que mantén unha aliñación distinta dos demais inmobles desta rúa, debido a cambios no proxecto inicial de construción da referida vía.

Nun primeiro momento albergou unha sucursal do Banco de España.

O edificio presenta un estilo ecléctico clasicista cunha composición simétrica na que se observa unha certa rixidez.

Na fachada principal da rúa do Areal pódese observar un corpo central remarcado por unhas pilastras laterais e un balcón corrido. É no corpo central onde aparece a maior parte da ornamentación, formada por elementos clasicistas usados cunha gran contención por parte do autor. A fachada lateral da rúa do Porto, está estruturada en tres andares con nove vans por planta e con similar composición e ornamentación ca a fachada principal.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100