Cultura e arte

Casas de Oya

  • Arquitecto: Michel Pacewicz
  • Ano: 1904
  • Localización: rúa de García Barbón 15,17 e 19

Edificio de estilo ecléctico de corte francés e base neobarroca de forte simetría. A horizontalidade da composición está remarcada pola balconada corrida do primeiro e último andar. Destaca tamén a presenza de miradoiros de pedra no segundo andar con decoración clasicista de pilastras con capiteis xónicos que sustentan un friso a modo de entaboamento. En canto á individualización por andares tan característico do estilo ecléctico, neste caso é case imperceptible.

O andar baixo é de cantería con almofadado nas pilastras que soportan os arcos de medio punto. A coroación do edificio é unha combinación de petrís e varandas de granito sobre as que se sitúan unhas bufardas rematadas en frontóns curvos e partidos adornados con volutas nos laterais inferiores.

A fachada lateral só se diferencia da principal de García Barbón pola galería de madeira do primeiro andar.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100