Cultura e arte

Palacete Urbano da Familia Pazos Figueroa

  • Século: XVI
  • Localización: praza de Almeida, 4

Trátase dun palacete urbano situado no barrio histórico da cidade ao carón da Casa de Ceta, e que xunto con esta conforman a sede do Instituto Camôes de cultura portuguesa en Vigo. Data do século XVI e é de estilo renacentista plateresco. Consta de tres andares e no superior sobresae un balcón que descansa sobre unha repisa con molduras. Destacan tamén como elemento decorativo os arcos conopiais das fiestras dos dous andares superiores.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100