Escudo Concello de Vigo

Cultura e arte

Monumento aos mariñeiros mortos no mar

Obra escultórica de Cándido Pazos López, inaugurada en xuño de 2006. Trátase dun bloque de pedra morena - duns 8 metros de alto por 1,20 metros de ancho - esculpida en espiral, cun rosetón de xade, que simula unha especie de onda.

O conxunto emprázase na Praza do Porto Pesqueiro, ao pé do muro de San Francisco. Inclúe unha placa cos nomes dos mariñeiros mortos e desaparecidos no mar.