O “Bus Turístico”
- Funciona en Semana Santa e durante o período estival.
- Realiza catro viaxes ao día ás 10:00, 12:00, 16:30 e 18:30 con saída na rúa de Cánovas del Castillo.
- No resto do ano funciona os días que recalan cruceiros na cidade, e nestes días, o bus sae dende a Estación Marítima (consultar os horarios para os referidos días no 986 810 199).
- Existe tamén a posibilidade de coller o Bus nas seguintes paradas: O Areal, Garcia Barbón 9, Policarpo Sanz 19, Venezuela 2, Venezuela 48, Rotonda do Monte do Castro, Praza de España, Praza de América, Museo de Castrelos, Martín Echegaray, Castelao, Samil - Praia, Alcabre e Bouzas.
- O Bus Turístico conta cun sistema de locución con auriculares, polo que se pode escoitar a información en varios idiomas.
- Tarifas:
- Adultos: 7,50€.
- Nenos (de 3 a 14 anos): 4€.
- Menores de tres anos: Gratis (sen ocupar asento).
Co mesmo tícket pódese subir e baixar do “Bus” ao longo do día as veces que se queiran. Os billetes véndense no propio Bus Turístico.
