Escudo Concello de Vigo

Cultura e arte

Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios

Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO)

Enderezo : Rúa García Barbón, nº 5. 36206 Vigo

Teléfono: 986228088

E-mail : biblioteca.emao@vigo.org

Catálogo :

  • Fondo histórico
  • Fondo histórico. Publicacións seriadas
  • Fondo moderno

 Web da biblioteca : http://bibliotecadaemao.blogspot.com/

Horario :

Inverno (outubro a xuño), de luns a venres

  • mañás : luns, mércores, xoves: 9 - 12h. ; martes e venres: 9 - 13 h.
  • tardes : luns a xoves: 16:30 - 20:30 h. ; venres: 16:30 - 19:30 h.

Verán (xullo e setembro), de luns a venres

  • mañás : 9 a 14 h.

 A biblioteca abre as súas portas a todo o alumnado e profesorado da Escola e tamén ao público interesado nas artes e oficios, na súa vertente tradicional e contemporánea.

Fondos EMAO

Os fondos son de tres tipos:

Fondo histórico : formado por libros, revistas, prensa, láminas, programas, etc. Abarca un período cronolóxico que va desde o século XVI ata a década de 1980. Neste fondo inclúense ademais dos fondos con que se dotou a escola nos seus primeiros anos de vida, outras coleccións de diferente procedencia (Biblioteca Pública García Barbón, Hemeroteca Fernando Conde Domínguez, Biblioteca do Casino de Vigo, etc.) Fondo conservado no déposito, só accesible mediante solicitude de consulta ao persoal da biblioteca.

Fondo moderno : colección formada por obras adquiridas no últimos anos. Formado por todo tipo de materiais seleccionados pola súa especialización en artes e oficios artísticos e tradicionais. Se distribúe en:

  • Sección de artes e oficios
  • Sección de referencia
  • Sección de audiovisuais
  • Hemeroteca
  • Fondo xeral
  • Fondo local

Fondo artístico e histórico non bibliográfico : formado por cadros, pezas escultóricas, mobiliario, maquinaria, instrumentos, etc.