- Enderezo: Biblioteca Pública Central. Rúa Joaquín Yáñez, 6 - 2º andar (Casco Vello), 36202 Vigo.
- Teléfono: 986 229 074
- Correo electrónico: centro.documentacion.feminista@vigo.org
- Horario:
- Luns e venres: de 10:30 a 13:30 horas.
- Martes, mércores e xoves: de 16:30 a 20:30 horas.
- Xullo: de luns a venres de 10:30 a 13:30 horas.
- Agosto: pechado
O Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo, dependente da Concellería de Igualdade, é un servizo de xestión de información, documentación e materiais de traballo sobre muller, xénero e igualdade dirixido ao público en xeral ou a persoal especializado e interesado nas citadas temáticas.
Este centro recolle a documentación recompilada pola extinta asociación "GECM-Alecrín" dende os anos 80 e o fondo documental xerado pola Concellería de Igualdade de Vigo.
Servizos
- Atención directa ou por medios telemáticos.
- Consulta de documentación en sala de lectura.
- Préstamo a domicilio.
- Préstamo interbibliotecario.
- Asesoramento documental.
- Busca en base de datos.
- Actividades de extensión cultural: exposicións bibliográficas, animación á lectura, charlas, debates, etc.
Áreas temáticas
- Administración do Estado.
- Ambiente sociodemográfico.
- Benestar social.
- Centros.
- Ciencias naturais e sociais.
- Cultura.
- Dereito e normativa.
- Documentación e medios de comunicación.
- Economía.
- Educación.
- Familia.
- Marxinación e violencia.
- Política.
- Promoción da muller.
- Saúde.
- Sexualidade.
- Traballo.
Fondo documental
- Material bibliográfico (máis de 10.400 referencias).
- Publicacións periódicas (máis de 150 títulos).
- Material audiovisual: vídeos, CD, DVD, diapositivas, casetes.
- Folletos e carteis.