| Avisos de tráfico Sentido único na Rúa Fontenla (Coruxo) 4/07/2008 Ponse en coñecemento do público en xeral que coa finalidade de mellorar a mobilidade no entorno da capela do Vao establécese sentido único na rúa Fontela (Coruxo), con entrada pola rúa Canido e saída pola rúa Vao, dende o mércores 09 de xullo de 2008 ás 10:00 horas. Solicítase a máxima colaboración cidadá. |