- -
vigohoxe -
Avisos
6/09/2010 Patrimonio Histórico. Obradoiros segundo semestre ano 2010
O CAT Centro de Artesanía Tradicional de Vigo, equipamento da Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo, convoca anualmente obradoiros formativos que teñen como obxectivo a conservación e divulgación do patrimonio etnográfico galego.

O programa ten como obxectivo fundamental "transmitir para conservar" os saberes que caracterizan os oficios tradicionais de Galicia.

Para elo contaremos neste segundo semestre cunha selección de obradoiros para todos os públicos nos que os participantes aprenderán a realizar obxectos en cestería de uso na vida cotiá seguindo as mesmas técnicas de hai un século, con especial atención á fabricada na comarca de Vigo.

OBRADOIROS

CESTOS DE PALLA. 70 h

13 de setembro-1 de outubro

Luns a venres de 09:30 a 13:30 h

Núm. de prazas: 7

A cestería de palla ou colmo é unha das máis antigas de Galicia, pero tamén a máis minoritaria ao non ser o noso país un centro produtor de cereais. Pensado para alumnado de diferente nivel -iniciación e perfeccionamento- este obradoiro ten como obxectivo ensinar as técnicas de trenzado en palla de cara á preservación deste saber tradicional.

COMBINANDO VIMBIO E MADEIRA. 72 h

4 de outubro-12 de novembro

Luns, mércores e venres de 09:30 a 13:30 h

Núm. de prazas: 10

Con este obradoiro o alumnado adentrarase no mundo da cestería na que se misturaban os dous materiais máis representativos da nosa cestería: a madeira e o vimbio. Con eles farán unha das pezas máis emblemáticas da cestería en vimbio, o Canistrelo, e unha cesta madeira, para finalmente combinar os dous materiais nunha Cesta redonda.

Todas estas cestas son un bo exemplo de como os labregos facían pezas que lles resolvían moitas das necesidades do seu quefacer cotiá.

ABANOS E BOTELLAS FORRADAS. 48 h

5 de outubro-11 de novembro

Martes e xoves de 16:30 a 20:30 h

Núm. de prazas: 7

Neste obradoiro o alumnado coñecerá as diferentes aplicacións que tiña o vimbio para, de xeito moi sinxelo, aportarlle as persoas solucións inmediatas as súas necesidades diarias, e poder utilizalas hoxe en día.

Os abanos era unha peza tradicionalmente usada para avivar o lume nas casas; e forrar o vidro con vimbio e madeira, unha actividade moi estendida no oficio de cesteiro pola demanda para evitar que estes obxectos de uso cotiá rompesen.

CESTAS DE MESA: Froitero, Paneira e Bandexa. 60 h.

15 de novembro-22 de decembro

Luns, mércores e venres de 09:30 a 13:30 h

Núm. de prazas: 10

Obradoiro de iniciación articulado en torno a tres pezas de uso moi común nunha vivenda. Con el, o alumnado acadará a técnica necesaria para facer estes obxectos na súa propia casa.

INFORMACIÓN XERAL

Onde se impartirán os obradoiros

No CAT Centro de Artesanía Tradicional de Vigo.

Rúa Subida ao Castelo, 10 36202 VIGO.

Como apuntarse

Enviando o boletín de inscrición ao CAT por correo ou fax ao número 986220758, ou a través do formulario de inscrición en www.cat.vigo.org

Unha mesma persoa só podera optar a un máximo de 2 obradoiros no semestre. Os obradoiros de iniciación están orientados para persoas que non teñan experiencia en cestería ou con coñecementos moi básicos.

Para poder optar ao curso COMBINANDO VIMBIO E MADEIRA e ABANOS E BOTELLAS FORRADAS, o solicitante ten que ter coñecementos de cestería, demostrando experiencia previa no apartado reservado no boletín de inscrición. O profesorado do CAT fará unha selección dos interedasos nestes obradoiros.

Os obradoiros son gratuítos.

Prazo de inscrición

Está aberto todo o semestre até cubrir prazas. A selección do alumnado para os obradoiros de cestería tradicional estará marcado por criterios formativos e pola orde de entrada de solicitudes, establecéndose unha lista de espera.

Lista de admitidos

Unha vez cubertas as prazas dos diferentes obradoiros, a lista de alumnos/as seleccionados/as será exposta no CAT e na WEB www.cat.vigo.org


3/09/2010 Mobilidade. Bando autorización municipal transporte escolar para o curso 2010-2011
De conformidade có disposto no artº 3 da "Ordenanza Municipal reguladora do transporte regular especial de uso escolar", aprobada inicialmente polo Pleno Municipal en data 10 de abril de 1992 e, definitivamente polo Pleno Municipal en sesión de 11-09-1992, recórdase aos titulares das empresas de vehículos adicadas á realización do servicio de transporte escolar dentro do casco urbano, que antes do comenzo do vindeiro curso 2010-2011 (setembro 20010), deberán dispor da oportuna AUTORIZACIÓN MUNICIPAL.

Para elo e a fin de poder tramitar tódalas autorizacións antes do comenzo do vindeiro curso, concédese un prazo de (20) VINTE DIAS para que presenten no Rexistro Xeral do Concello, as correspondentes solicitudes cos documentos esixidos no citado artº 3 da Ordenanza, e demáis lexislación de aplicación, documentación que é a seguinte:

I.- Instancia dirixida ó Iltmo. Sr. Alcalde de Vigo, cos seguintes datos:

Datos identificativos do propietario dos vehículos (razon social).
Relación de centros escolares para os que se desexe prestar o servicio.
Relación de vehículos que, con carácter principal ou suplente, se pretendan adicar á prestación do servicio, con indicación de marca, número de bastidor e matrícula de cada un dos vehículos obxecto de solicitude e permiso de circulación dos vehículos a nome do solicitante da autorización do transportes, ou título que, segundo o establecido no art. 48.1 do Regulamento de Ordenación do Transporte Terrestre, outorgue a disponibilidade sobre este.

II.- Fotocopia compulsada da Tarxeta de Inspección Técnica de Vehículos (ITV), acreditativa de que os vehículos teñen pasadas as revisións regulamentarias e cumpren as prescripcións legais vixentes relativas a transporte escolar.
III.- Fotocopia compulsada da Póliza de seguros de responsabilidad civil ilimitada e do seguro complementario e recibos actualizados, polos danos e perxuizos que poidan chegar a sofrir as persoas transportadas, derivados do uso e circulación dos vehículos destinados a esa forma de transporte.
IV.- Certificado da entidade contratante que acredite os itinerarios e paradas a realizar, que haberán de axustarse ás que foron aprobadas e figuran como Anexo I da devandita Ordenanza.
V .- Croquis esquemático nun plano a escala 7:500 (doblando o formato UNE A-4), onde se identifique o itinerario e as paradas propostas entre as contempladas no Anexo I da "Ordenanza Municipal reguladora do transporte regular especial de uso escolar.
VI.- Declaración xurada da empresa de transportes, asumindo o compromiso da presencia dun acompañante nos vehiculos que transporten menores, nos casos que establece o Real Decreto".
Todo elo de acordo co establecido no Real Decreto 443/2001, do 27 de abril, vixente na data deste Bando.

- Poderá sustituirse a presentación da Tarxeta de ITV, da póliza de Seguros e do Permiso de circulación de cada vehículo, por un certificado da Delegación de Transportes da Xunta de Galicia, no que se faga constar que os vehículos -relacionando as matrículas- son aptos para realizar servicios de transporte escolar.
Calquera dúbida pode ser consultada na Área de Mobilidade, Transportes e Seguridade en horario de 9.00 a 13.30 horas, ou chamando ao Tfo. Nº 986-81-01-21


3/09/2010 Intervención. Contratación de préstamo con apetura de póliza de crédito a longo plazo
CONTRATACIÓN PRÉSTAMO
CONTRATACIÓN DUNHA OPERACIÓN DE PRESTAMO CON APERTURA DE PÓLIZA DE CRÉDITO A LONGO PRAZO

1. - Entidade adxudicante: Concello de Vigo

2. -Obxecto: Contratación dunha operación de préstamo con apertura de póliza de crédito.

3. -Importe: 27.000.000,00 euros

4. -Obtención de documentación: A entidade financeira poderá retirar dá oficina de Contabilidade entre ás 9 e ás 14 horas dos días que medie entre a publicación do anuncio e os sete días naturais seguintes a este ou solicitala a través do correo electrónico, a seguinte documentación:

Modelo de contrato que conformará a súa vez o modelo de oferta.

Características particulares dá operación.

Certificación de débeda viva, de aforro neto dos direitos liquidados por operacións correntes derivados dá liquidación do presuposto do 2009 e dá aprobación do presuposto do 2010.

Remanente de Tesourería, certificado do cumprimento da estabilidade orzamentaria de acordo o previsto non artígo 16.3 do Real Decreto 1463/2007, de 12 de decembro, de desenvolvemento dá Lei 18/2001, ou Plan Económico financeiro aprobado polo Pleno da Corporación e pola autoridade competente da Xunta de Galicia.

Non entando o anterior, a páxina web do concello, en información económica, ten todo-los datos (ano 2009, liquidación dos orzamentos, así como os indicadores económicos máis relevantes) dispoñibles para formación da oferta. En canto o modelo de oferta que conforma o contrato e as características da operación, podese solicitar a súa remisión por correo electrónico.

5. - Presentación de ofertas:A oferta será única sen variantes, presentarase en sobre pechado nas oficinas do Rexistro Xeral entre os días 3 e o 10 de septembro, ambolos dous inclusive, dende ás 9,00 h. ás 14,00 h.

6. - Apertura de ofertas: As ofertas abriranse o día 13 de septembro ás 10,00 horas na sala do primeiro andar do Concello de Vigo, Praza do Rei s/n. CP 36202 (Tfno.de contacto, 986-81.01.30, fax 986-81.02.61).

7.- Gastos de anuncio: Serán por conta do adxudicatario.


3/09/2010 Escola Artes e Oficios. Escola Municipal de Artes e Oficios Curso 2010-2011- Prazo de Preinscrición
As persoas que desexen iniciar os estudos en calquera das especialidades ofertadas poderán realizar a súa preinscrición conforme ao modelo oficial de solicitude que se poderá descargar, cubrir e imprimir dende a páxina web www.vigo.org, apartado Educación-Escola Municipal de Artes e Oficios (web-EMAO). As persoas interesadas tamén poderán pre-inscribirse online dende a páxina correspondente da web-EMAO (opción recomendada).

Calendario:
A preinscrición do alumnado de novo ingreso pode facerse directamente por internet en www.vigo.org (opción recomendada) ou en persoa nas oficinas da EMAO, na rúa García Barbón, 5, en horario de 9 a 14 horas ata o 15 de setembro.

Especialidades e cursos que se ofertan:

Pintura (2 cursos tarde/1 mañán)
Debuxo (2 cursos tarde/1 mañán)
Escultura e talla en madeira (1 curso tarde/1 mañán)
Moda e confección (2 cursos tarde/1 mañán)
Ourivería (1 curso tarde/1 mañán)
Artesanía en coiro (1 curso tarde/1 mañán)
Encaixe de palillos (2 cursos tarde/1 mañán)
Cerámica artística (1 curso tarde)
Encadernación (1 curso tarde/1 mañán)
Serigrafía (1 curso tarde/1 mañán)
Construción de instrumentos (CAIM): zanfona (1 curso tarde/1 mañán)
Construción de instrumentos (CAIM): gaita (1 curso tarde/1 mañán)
Construción de instrumentos (CAIM): luthería antiga (1 curso tarde/1 mañán)

Máis información www.vigo.org


ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA FOLK E TRADICIONAL (e-Trad)
CURSO 2010-2011
PRAZO DE PREINSCRICIÓN

A Escola Municipal de Música Folk e Tradicional, a E-Trad, oferta 243 novas prazas nas seguintes ESPECIALIDADES INSTRUMENTAIS E VOCAIS:

ESPECIALIDADES
IT. BÁSICO
IT. PROFESIONAL
Gaita
21 (3 grupos de 7)
3
Percusión
36 (3 grupos de 12)
3
Arpa Céltica
21 (3 grupos de 7)
3
Zanfona
18 (3 grupos de 6)
3
Violín Folk
21 (3 grupos de 7)
3
Canto Popular
36 (3 grupos de 12)
3
Requinta e Frauta
21 (3 grupos de 7)
3
Acordeón diatónico
18 (3 grupos de 6)
3
Corda Pulsada
6 (1 grupos de 6)


O Itinerario básico está destinado a afeccionados e ten unha duración de 3 anos, unha ou dúas horas semanais. O Itinerario profesional forma ao alumnado para facer posteriores estudos superiores e ten unha duración de 6 anos en dous ciclos, as clases son entre 6 e 9 horas semanais.

A preinscrición pode facerse por internet en www.e-trad.org (opción recomendada) ou en persoa nas oficinas da Escola, na rúa García Barbón, 5, en horario de 11 a 14 horas ata o 10 de setembro

Máis información en www.e-trad.org


3/09/2010 Oferta de emprego. Corrección de erros nas bases reguladoras da convocatoria do ano 2010 do "PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CONTRATACIÓN", no marco das actuacións do Plan Municipal
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 23/08/2010, a proposta da Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá, aprobou a modificación das bases reguladoras da convocatoria do ano 2010 do "PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CONTRATACIÓN", no marco das actuacións do Plan Municipal de Emprego 2008-2011.

OBXECTO:
Ampliar a data de presentación das solicitudes.

PRAZOS E LUGAR DE PRESENTACIÓN:

O prazo de presentación de solicitudes será o 15 de setembro de 2010

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, dirixidas á Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá, ao "Programa de axudas municipais á contratación".

INFORMACIÓN:
Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá.
Pza. do Rei, 1 - 4ª planta.
Tfno.:986810232
As bases reguladoras das axudas e os anexos a presentar, estarán á súa disposición nas dependencias de Información do Concello de Vigo, na Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá e na súa páxina web: www.vigo.org.


3/09/2010 Tributos. Exposición pública do Padrón do imposto sobre bens inmobles e bens de natureza urbana do ano 2010
Segundo a publicación no BOP núm. 163 de data 25 agosto de 2010, estarán en exposición pública dende o 26 de agosto ao 17 de setembro:

EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PADRÓN DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES DE NATUREZA URBANA E DE BENS DE CARACTERÍSTICAS ESPECIAIS DO ANO 2010

Lugar: Na oficina do Imposto sobre bens inmobles de luns a venres, no terminal sito na Lonxa do Concello de luns a sábado e na páxina www.vigo.org accedendo á carpeta do cidadán co seu identificador, DNI electrónico ou certificado dixital.



EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PADRÓN DO IMPOSTO SOBRE SOBRE ACTIVIDADES ECONÓMICAS DO ANO 2010

Lugar: Na oficina do Imposto de actividades económicas de luns a venres, no terminal sito na Lonxa do Concello de luns a sábado e na páxina www.vigo.org accedendo á carpeta do cidadán co seu identificador, DNI electrónico ou certificado dixital


As persoas interesadas poderán consultar ditos padróns e interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición ante o órgano que aproba este acto, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao de finalización do período voluntario de pagamento ou ben directamente interpoñer recurso ante o Tribunal Económico Administrativo do Concello de Vigo, no mesmo prazo, segundo consta nos art. 222 e 223 da Lei 58/2003 xeral tributaria e art.137 da Lei 7/1985 da basés de réxime local.


27/08/2010 Benestar Social. Resolución Axudas Municipais Escolares: Becas libros e comedor
-Resolución Becas Libros e Comedor Pdf

24/08/2010 Emprego. Curso de Prevención de Riesgos en el sector agroforestal
Duración: 170 horas a distancia.
Data de inicio: 6 de setembro de 2010
Prazo de presentación de solicitudes: 1 de setembro de 2010.
Máis información


2/08/2010 Educación. Escola Municipal de Teatro: Avance Matrícula para o curso 2010-2011
Períodos de inscrición
1.Do 13 ao 24 de setembro, ambos os dous incluídos, abrirase o período de inscrición nas dependencias do Servizo de Educación en horario de 9 a 14 horas e de 17 a 20 horas de luns a venres.
2.Do 22 ao 27 de setembro, ambos os dous incluídos, realizaranse as entrevistas persoais para nenos/as e mozos/as e probas de acceso adultos/as.
3.O 28 de setembro publicarase na EMT de Vigo e na súa páxina web a listaxe dos/as alumnos/as admitidos para o curso escolar 2010/2011.
4.Do 29 de setembro ao 4 de outubro os alumnos formalizarán a matrícula
5.As clases comezarán o luns 4 de outubro.


30/07/2010 Educación. Escola Municipal de Artes e Oficios: Prazo Preinscrición curso 2010-2011
ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO (EMAO)
CURSO 2010-2011
PRAZO DE PREINSCRICIÓN


As persoas que desexen iniciar os estudos en calquera das especialidades ofertadas poderán realizar a súa preinscrición, nas datas que se indican, conforme ao modelo oficial de solicitude que se poderá descargar, cubrir e imprimir dende a páxina web www.vigo.org, apartado Educación-Escola Municipal de Artes e Oficios (en adiante, web-EMAO). As persoas interesadas tamén poderán pre-inscribirse online dende a páxina correspondente da web-EMAO).

Calendario:
31 de xullo a 15 de setembro:
Só internet, on-line: preinscrición alumnado de novo ingreso
1 ao 15 de setembro
Preinscrición alumnado de novo ingreso: presencial na Unidade Aministrativa EMAO, (Avda. García Barbón, 5)

Especialidades e cursos que se ofertan:

Pintura (2 cursos tarde/1 mañán)
Debuxo (2 cursos tarde/1 mañán)
Escultura e talla en madeira (1 curso tarde/1 mañán)
Moda e confección (2 cursos tarde/1 mañán)
Ourivería (1 curso tarde/1 mañán)
Artesanía en coiro (1 curso tarde/1 mañán)
Encaixe de palillos (2 cursos tarde/1 mañán)
Cerámica artística (1 curso de tarde)
Encadernación (1 curso tarde/1 mañán)
Serigrafía (1 curso tarde/1 mañán)
Construción de instrumentos (CAIM): zanfona (1 curso tarde/1 mañán)
Construción de instrumentos (CAIM): gaita (1 curso tarde/1 mañán)
Construción de instrumentos (CAIM): luthería antiga (1 curso tarde/1 mañán)

Máis información www.vigo.org


16/07/2010 Xuventude. Curso de internet práctico para mozos/as desempregados
INTERNET PRÁCTICO (14h.)
Lugar: Na Casa da Xuventude. López Mora nº 31. Vigo.
Datas: Do 26 ao 30 de xullo de 2010 (de luns a venres)
Horario : de 9,30hs a 12,30hs

REQUISITOS Xerais:
Mozas e mozos de 16-35 anos (nacidos/as entre 1975-1994 )
Empadroados/as en Vigo.
Desempregados/as

PRAZAS: 15 por curso.

A INSCRICIÓN realizarase na Casa da Xuventude. López Mora nº 31. 36211 Vigo. 986.294806.
As prazas cubriranse por orde de inscrición e, unha vez entregada toda a documentación, a solicitude farase efectiva, resultando inscrito/a no curso.
A asistencia ao curso é obrigatoria

DOCUMENTACIÓN a entregar :
Solicitude cuberta e asinada
Copia do volante de empadroamento (pódese obter a través da web www.vigo.org)
Copia da tarxeta de desemprego
Copia do DNI



16/07/2010 Urbanismo. Aprobación inicial da modificación puntual nº 1 da AA-01 do PXOM Vigo-subestación de Balaídos, stada pola mercantil
O Pleno do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do día 31 de maio de 2010, adoptou o seguinte acordo:

"Primeiro.- Aprobar inicialmente a modificación puntual nº 1 da AA-01 do PXOM Vigo-subestación de Balaídos, instada pola mercantil "Unión Fenosa Distribución, S.A." e redactada pola Oficina de Planeamento-Xestión da Xerencia Municipal de Urbanismo con data novembro de 2009, coa finalidade de corrixir o erro padecido na grafía da trama do sistema xeral da rede eléctrica AA-01, axustándoa ó espazo total situado entre o vial paralelo ó muro do Cemiterio de Pereiró e o recinto da factoría PSA-Citroën.

Segundo.- Abrir un trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante a publicación de anuncios no DOG e en dous xornais de maior circulación da provincia. Simultaneamente e durante o mesmo prazo, darase audiencia ós municipios limítrofes e, de ser o caso, recabaranse das administracións públicas competentes os informes sectoriais que resulten precisos.

Terceiro.- Notificar este acordo a "Unión Fenosa Distribución, S.A.", coa indicación de que non é susceptible de recurso ningún por tratarse dun mero acto de trámite".



16/07/2010 Urbanismo. Aprobación inicial da modificación puntual do plan especial de protección e reforma interior (peri) de bouzas – apr a-3-35 pxom
A Xunta de Goberno Local do 7 de xuño de 2010 acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do plan especial de protección e reforma interior (pepri) de bouzas – apr a-3-35 pxom, Versión V.2., formulada de oficio pola Xerencia Municipal de Urbanismo e redactada polos servizos técnicos da Oficina de Planeamento – Xestión con data abril de 2010, coas finalidades básicas de incorporar a reserva de vivenda protexida que esixe a ficha do PXOM (20% da edificabilidade residencial), localizar as zonas de vivenda de protección nos polígonos pendentes de desenvolvemento e reaxustar o número de vivendas, limitado no PEPRI pola lexislación urbanística anterior. Incorpóranse, ademáis, as correccións derivadas dos informes sectoriais emitidos pola Administración, estatal e autonómica, de Costas, modifícase puntualmente a súa normativa de usos, represéntase correctamente a liña de respecto de protección arqueolóxica e introdúcense determinadas melloras relativas ó tráfico, estacionamento e deseño viario.

Declárase que, toda vez que esta modificación afecta fundamentalmente ós polígonos núms. 1,2,3,4,5,7 e 8 do Pepri de Bouzas (aínda non desenvolvidos), non resulta necesario decretar a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación, edificación ou derruba no ámbito deste Plan Especial.

Sométese o presente expediente ao trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios que se publicarán no DOG e en dous dos xornais de maior difusión na provincia e, asemade, notificar individualmente a todos os propietarios (titulares catastrais) dos terreos afectados, con indicación de que, por tratarse dun mero acto de trámite, este acordo non é susceptible de recurso ningún.

A documentación do presente expediente está ao dispor do público en xeral na oficina de Información Urbanística, na planta baixa da Xerencia e na páxina web de Urbanismo.


9/07/2010 Benestar Social. "Actividades interxeneracionais do verán ao aire 2010"
- Programa Actividades (pdf)


5/07/2010 Oferta de emprego. Lista de admitidos e excluídos para a provisión dun veterinario no Parque municipal das Ciencias de Vigo Zoo
Lista Admitidos e Excluídos pdf.


2/07/2010 Educación. Prazo de preinscrición correspondente ao próximo curso 2010-2011 na escola municipal de música folk e tradidicional
A escola Municipal de Música Folk e Tradicional, a E-Trad, oferta 243 novas prazas para os vigueses que desexen estudar algunha das 9 especialidades instrumentais, incluíndo o canto, no ámbito de música tradicional de Galicia.

Profesionais de recoñecido prestixio nas súas especialidades conforman a plantiña da primeira escola de música tradicional e folk de Galicia. A oferta educativa da escola para este ano presenta dúas modalidades diferentes: unha para afeccionados e público en xeral (219 prazas) e outra para preparación a estudos profesionais e superiores (24 prazas). O itinerario Básico correspondente á primeira modalidade será accesible a todos os que o desexen, mentres que o itinerario Profesional vai esixir a superación dunha proba de acceso. Neste curso 2010-11 a inscrición é gratuíta e pódese facer en liña na dirección web: www.e-trad.org. A idade mínima para admisión de alumnado é de 9 anos. O prazo permanecerá aberto ata o 10 de setembro de 2010.


1/07/2010 Normalización lingüística. Convocatoria para as subvencións a asociacións e organizacións sen ánimo de lucro para a realización de actividades de dinamización e fomento da lingua gale
Bases reguladoras e convocatoria específica para as subvencións a asociacións e organizacións sen ánimo de lucro para a realización de actividades de dinamización e fomento do coñecemento e uso da lingua galega no sector asociativo durante o ano 2010

Infórmase de que as ditas bases saíron publicadas no BOP do martes, 29/06/2010 (páx. 23 e ss.).
O prazo de presentación das solicitudes remata o 19 de xullo (inclusive).
As bases poden recollerse no Servizo de Información (planta baixa do Concello), para máis información:
As bases poden recollerse no Servizo de Información (planta baixa do Concello), para máis información: http://snl.vigo.org <http://snl.vigo.org/index.php?id=120&item=258>


25/06/2010 Institucional. Bando sobre o bo uso dos areais
Na época estival o litoral do noso municipio recibe unha gran afluencia de visitantes o que fai necesario adoptar unha serie de medidas para manter os areais e lugares públicos de baño nas debidas condicións de limpeza, hixiene e salubridade, así como vixiar a observancia das normas e instrucións dictadas pola Administración do Estado sobre o salvamento e seguridade das vidas humanas.

Co fin de regular o uso sostible e o pleno goce por parte de todos dos areais do termo municipal de Vigo dispoño as seguintes normas de xeral cumprimento para a cidadanía:

1ª. Circulación de vehículos
Queda prohibido o estacionamento e circulación de todo tipo de vehículos, incluídas as bicicletas polos areais así como polos paseos marítimos, agás os autorizados.

2ª. Animais no areal
Prohíbese a circulación ou permanencia de cans e outros animais nos areais, salvo os cans de asistencia (guía ou de servizo) en período estival, definido este como o comprendido entre o 1 de xuño e o 30 de setembro.
Nos demais lugares públicos os cans deberán ir atados con correa e no caso de cans considerados potencialmente perigosos deberán levar un bozo, a licenza do propietario e a inscrición do animal no rexistro de animais potencialmente perigosos.
Asemade, lémbraselles a todas e todos a obriga da recollida inmediata dos excrementos dos animais.

3ª. Xogos molestos
Os xogos de pelota, discos voadores, voo de papaventos e calquera outros, que supoñan molestia para os demais usuarios dos areais, quedan prohibidos. As solicitudes de actividades de tipo lúdico que se propoñan nos areais durante o período estival deberán estar preceptivamente autorizadas, polo que deberá solicitarse autorización previa presentando unha memoria do evento para celebrar, con esbozo da zona que se acoutará. Será requisito indispensable a subscrición dunha póliza de seguros de responsabilidade civil.

4ª. Volume elevado
Queda prohibido o uso de aparellos sonoros ou instrumentos musicais cando polo seu volume de emisión acústica causen molestias ás e aos demais usuarios dos areais.

5ª. Acampada libre
Prohíbese a instalación de tendas de campaña, estruturas de lona e demais habitáculos e vehículos habilitados para practicar o camping tanto nas praias, como nas zonas verdes ou aparcadoiros situados a carón delas.
Permítese a instalación de antucas e veladores, sempre desmontables, que sexan totalmente diáfanos e que non estean pechados perimetralmente nin apegados entre si.

6ª. Xabón nas duchas
A auga das duchas e lavapés instalados nas praias é para quitarse o salitre das augas do mar. Queda terminantemente prohibido o uso de xabón, champú, xel ou calquera outro produto de hixiene persoal nas duchas.

7ª. Prender lume
Queda prohibido o encendido de fogueiradas, fogueiras e calquera outra fonte de calor nos areais, así como nas espazos verdes e zonas de lecer.

8ª. Venda ambulante, agás a autorizada
Só se poderá exercer a venda ambulante con carácter excepcional e trala autorización municipal no recinto especificamente acoutado. Os e as vendedoras ambulantes autorizadas deberán portar a devandita autorización que deberán exhibir aos axentes da autoridade cando lles fose requirida.

9ª. Reserva de mesas
Prohísese a reserva con bolsas, manteis e outros obxectos das mesas ou bancos para ser utilizados posteriormente, impidindo o seu uso por outros cidadáns e cidadás.

10ª. Utilizar as papeleiras
Queda terminantemente prohibido arroxar ou deixar calquera tipo de residuos, líquidos ou sólidos, fóra das papeleiras e lugares especialmente habilitados para iso.

11ª. Nadar dentro da zona habilitada
Os espazos balizados considéranse zona de baño. Queda prohibida, salvo nas debidamente autorizadas e balizadas, a navegación deportiva e de recreo e de calquera tipo de embarcación ou medio flotante movido por vela ou motor.

12ª. Obedecer as recomendacións
As e os usuarios das praias deberán obedecer as recomendacións de baño establecidas nas correspondentes bandeiras:

Vermello

AREAIS PROHIBIDOS
Amarelo

AREAIS PERIGOSOS
Verde

AREAIS LIBRES


13ª. Publicidade
Queda prohibida a publicidade a través de carteis, valos, medios audiovisuais e calquera outro tipo, agás os autorizados.

14ª. Pesca
A práctica da pesca e o marisqueo realizaranse sen perxudicar os demais usuarios; deberase posuír a preceptiva licenza en ambos casos. Queda prohibida a entrada e saída do mar dende a praia aos mergulladores co fusil cargado, así como a manipulación en terra deste ou de outros instrumentos de pesca que poden supor un risco para a seguridade das persoas.

Solicítase a máxima colaboración cidadá para o cumprimento destas normas, acatando en todo momento os requirimentos verbais dos axentes da Autoridade e comunicando calquera incidencia en materia de seguridade aos servizos de Policía Local, Protección Civil e Cruz Vermella.

Vigo, 18 de xuño de 2010
O alcalde,

Abel Caballero Álvarez


25/06/2010 Institucional. Bando sobre a obriga de manter os terreos e soares nas debidas condicións de limpeza para evitar o risgo de incendios
Co fin de garantir as medidas de prevención e seguridade dos terreos e soares do término municipal de Vigo e, de xeito especial, no período estival, dispoño o seguinte:

De conformidade co disposto na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (Arts. 9 e 199), na Ordenanza municipal de limpeza pública e tratamento de residuos sólidos urbanos (BOP núm. 200, do 18.10.1994) e na restante normativa aplicable,

Lémbraselles, ás e aos propietarios de toda clase de terreos e soares, a súa obriga permanente de mantelos nas debidas condicións de limpeza, salubridade e ornato público, procedendo, de ser necesario, a limpalos de maleza, retirar os residuos que se poidan atopar neles (lixo, entullos, etc.) e, en especial, os restos que supoñan un risco de incendio, como leña, pólas, vexetación seca, cortizas ou materiais semellantes de fácil combustión, cara a evitar posibles danos para as persoas e os bens.

Advírtese de que o incumprimento desta obriga dará lugar á imposición das sancións pecuniarias previstas na ordenanza municipal e que a negativa a atender as ordes de execución que con tal motivo se diten polo Concello levará consigo a imposición de multas coercitivas de 300 a 6.000 €, reiterables ata que se cumpra integramente o ordenado, ou a execución forzosa subsidiaria a custa do/a infractor/a.

Todo isto sen prexuízo de que se poidan esixir perante os tribunais da orde penal as responsabilidades que procedan polo delito de desobediencia tipificado no artigo 556 do Código Penal.

Solicítase da cidadanía en xeral a maior colaboración no cumprimento das obrigas reseñadas neste bando, cunha conduta responsable que contribúa a mellorar as condicións de limpeza, salubridade e ornato dos terreos e soares no noso municipio.
MRI/sg

Vigo,18 de xuño de 2008
O alcalde,
Abel Caballero Álvarez


21/06/2010 Patrimonio Histórico. CAT- Centro de Artesanía Tradicional de Vigo: Obradoiros de Verán 2010
CAT CENTRO DE ARTESANÍA TRADICIONAL DE VIGO
OBRADOIROS DE VERÁN 2010

O CAT, Centro de Artesanía Tradicional do Concello de Vigo, convoca os bradoiros estivais
para rapaces/as entre os 7 e os 16 anos que queran ocupar o seu lecer en actividades onde as súas mans e o seu enxeño serán as principais ferramentas de traballo.
Como cada ano, o CAT realiza obradoiros de cestería e, por primeira vez, programa dúas actividades na que se deseñarán xoguetes e moda xuvenil.

Nos obradoiros de cestería aprenderán a fabricar obxectos coas mesmas técnicas de hai un século e cos novos obradoiros, comprobarán como a pesar dos avances tecnolóxicos, a
actividade manual segue sendo fundamental na nosa vida.
OBRADOIROS
MANS PARA QUE VOS QUERO...

Este obradoiro quere introducir aos máis novos/as no mundo da cestería tradicional cun dobre obxectivo: aprender de xeito didáctico as técnicas básicas do oficio de cesteiro, e
concienciar de cara á protección deste patrimonio, que tivo especial relevancia na nosa cidade ata hai uns anos.
Durante un mes os participantes coñecerán como se facían obxectos básicos para vida cotiá de hai un século co simple tecido manual do vimbio, e terán a oportunidade de traballar con Antonio Suárez Davila, o mestre cesteiro do CAT.
A quen vai dirixido

A rapaces/as de 7 a 16 anos que queiran aprender como se facían obxectos da vida cotiá en vimbio hai 100 anos.
Datas e horario:

Quenda 1: martes e xoves, do 1 ao 29 de xullo, de 10:00h a 13:30h
Quenda 2: martes e xoves, do 3 ao 31 de agosto, de 10:00h a 13:30h

No de prazas:
Quenda 1: 7
Quenda 2: 7

XOGUETES DE HAI 100 ANOS
Cando non existían os ordenadores os nenos e nenas saían á rúa a xogar. Con apenas uns poucos materiais realizaban enxeños cos que xogaban durante horas.
Este obradoiro quere recuperar un xeito de divertirse que precisa das nosas ganas de pasalo ben e dun pouco de habilidade para seguir as instruccións de Chus Barreiro e Belén Alonso á
hora de traballar con materiais como a madeira, tecidos, pinturas e material reciclado.

A quen vai dirixido
A nen@s e moz@s de 8 a 12 anos que queran aprender a elaborar o seu propio xoguete.

Datas e horario:
Martes e xoves, do 6 de xullo ao 12 de agosto, de 10:00h a 13:30h

No de prazas: 7

PERSONALIZA A TÚA ROUPA
Por primeira o CAT organiza un obradoiro que combina tradición e contemporaneidade.
Tradición porque a base fundamental do mesmo vai a ser o traballo manual, e
contemporaneidade porque os participantes van a crear con materais actuais prendas de vestir.

Datas e horario:
Luns, mércores e venres, do 16 de agosto ao 10 de setembro, de 10:00h a 13:30h

No de prazas: 7
INFORMACIÓN XERAL
Onde se impartirán os obradoiros
No CAT Centro de Artesanía Tradicional. Rúa Subida ao Castelo, 10 VIGO

Como apuntarse
Enviando o boletín de inscrición ao CAT por correo ou fax ao número 986220758, ou a través do formulario de inscrición en www.cat.vigo.org

Os obradoiros son gratuítos.

Prazo de inscrición
Estará aberto ata cubrir prazas. A selección do alumnado estará marcado pola orde de entrada de solicitudes, establecéndose unha lista de espera.
Lista de admitidos
Unha vez cubertas as prazas dos diferentes obradoiros, a lista de alumnos/as seleccionados/as será exposta no CAT e na WEB ww.cat.vigo.org




21/06/2010 Animación Socio Cultural. Venda de entradas para o concerto de Public Enemy + artista convidado, dentro do programa das Festas de Verán 2010.
Este concerto terá lugar no Auditorio ao aire libre de Castrelos, o día
5 de agosto ás 22:00 horas. O prezo das entradas en venda é de 10
euros en venda anticipada e 12 euros en taquilla, poñéndose en venda un total de 3.500 entradas.
Estas entradas póñense á venda no servizo de vendas de entradas de Caixanova (Servinova) e na Central de Espectáculos
(rúa Velázquez Moreno)


11/06/2010 Actividades culturais. Obradoiros monográficos verán 2010-Escola Municipal de Teatro


1/06/2010 Benestar Social. Listaxe definitiva de persoas admitidas e de agarda da escola infantil de rúa Palencia de Vigo para o curso 2010-2011
Resolución da xerencia do consorcio galego de servizos de igualdade e benestar pola que se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e de agarda da escola infantil de rúa Palencia de Vigo para o curso 2010-2011.


1/06/2010 IMD. Procedemiento de selección de personal interino para o IMD de 2 prazas.
O Instituto Municipal dos Deportes de Vigo (IMD) precisa de dous traballadores para postos interinos, un de oficial de mantemento e outro de oficial de instalación, sendo este último para contrato de revezamento (80% de xornada), coas características de Oficiais de 1ª e demandantes de emprego segundo acordo da Xunta Rectora do IMD de data 10 de maio de 2010. O procedemento de selección aprobado se realizará mediante proba, entrevista e valoración de méritos. A Información sobre o procedemento pódese atopar no Tabuleiro de Edictos do IMD ou na páxina WEB do Concello de Vigo. Os aspirantes deberán anotarse nunha lista no Rexistro do IMD de 09:00 ás 13:30 horas o dia 4 de xuño de 2010 e deberan vir provistos de DNI, coa tarxeta do INEM e cun currículum vitae para xustificar dita entrevista. A proba previa farase o día 9 de xuño ás 10:00 horas no Complexo das Travesas, avda. de Castrelos, s/n.
Resolución Pte. 07.06.2010 Admitidos.Tribunal.pdf


31/05/2010 Animación Socio Cultural. Venda de entradas para o Concerto de David Bisbal en Castrelos
Empeza mañá (1 de xuño) a venda de entradas para o concerto de David
Bisbal, dentro do programa das Festas de Verán.

Este concerto terá lugar no Auditorio ao aire libre de Castrelos, o día
7 de agosto ás 23:00 horas. O prezo das entradas en venda será de 8
euros en venda anticipada e 10 euros en taquilla, poñéndose en venda un
total de 3.500 entradas. Estas entradas poranse á venda no servizo de
venda de entradas de Caixanova (Servinova) e na Central de Espectáculos
(rúa Velázquez Moreno).


31/05/2010 Actividades culturais. Campamento de verán 2010 no Verbum
-Programa (pdf)

28/05/2010 Igualdade. Bases e convocatoria de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas e/ou actividades de promoción de muller ano 2010
A Xunta de Goberno Local, na sesión do día 10 de maio de 2010, aprobou, entre outros asuntos "As bases reguladoras e a convocatoria específica de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas e/ou actividades de promoción da muller, no ano 2010".

O prazo para presentar as solicitudes é de 20 días naturais, contados desde o día seguinte á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP). A convocatoria publícase no BOP o 24 de maio de 2010, polo que, o derradeiro día de prazo para presentar a solicitude no Rexistro Xeral é o 14 de xuño.

As bases e os impresos para participar na convocatoria están na Oficina de Información do Concello ou pódense descargar a través da paxina web da Concellería de Igualdade: www.igualdadevigo.org


21/05/2010 Varios. Contratación dun veterinario e un oficial coidador en réxime laboral para o Parque das Ciencias de Vigo Zoo
ORGANISMO AUTÓNOMO MUNICIPAL VIGO-ZOO

CONTRATACIÓN DUN VETERINARIO E UN OFICIAL-COIDADOR DE MANTEMENTO, VIXILANCIA E CONTROL EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL

O Consello de Administración do Organismo Autónomo Municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo en sesión celebrada o día 13 de maio do 2010, aprobou as bases das convocatorias para cubrir en réxime laboral temporal as seguintes prazas:

. Unha de veterinario, baixo a modalidade de contrato de interinidade, ata que a praza se cubra en réxime laboral fixo na forma legalmente establecida.

. Unha de oficial-coidador de mantemento, vixilancia e control, baixo a modalidade de contrato de relevo, ata a xubilación por idade do empregado relevado.

Por isto se procede a súa convocatoria na forma contemplada nas bases de cada unha das convocatorias.

O prazo de presentación de instancias será de 5 días hábiles contados a partires do seguinte a publicación deste anuncio neste xornal.

As solicitudes dirixidas á Presidenta do Organismo presentaranse no Rexistro Xeral do Organismo, do Concello de Vigo ou da Xunta de Galicia en horario de 9 a 13 horas. Tamén poderánse presentar de calquera das formas na forma previstas na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común.

As persoas interesadas deberán adxuntar á solicitude a documentación que figura na base IV das convocatorias.

As convocatorias xunto coas súas bases figuran expostas no taboleiro de anuncios do Organismo Autónomo, no taboleiro de edictos do Concello e na páxina web municipal (www.vigo.org).

Ademáis na oficina administrativa do Organismo, sita no Monte da Madroa, s/núm. na parroquia de Teis (Vigo), poderán ser consultadas e obter copia das mesmas.


21/05/2010 Urbanismo. Aprobación inicial proxecto expropiatorio A2 "AOD A-4-06 Praza de España"
APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO EXPROPIATORIO PARCELA "A2" – AOD A-4-06 PXOM PRAZA DE ESPAÑA (EXPTE. 220/413)

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, na sesión ordinaria do 3 de maio de 2010, adoptou o seguinte acordo:

"Primeiro: Aprobar inicialmente o proxecto expropiatorio por taxación conxunta formulado pola Xunta de Compensación urbanizadora da "AOD A-4-06 PRAZA DE ESPAÑ" do PXOM de Vigo, referido exclusivamente á parcela de orixe "A.2" do plano parcelario desta Área de Reparto (Finca catastral nº 3255502NG2735N0001OK; Finca rexistral nº 43.656), situada no nº 23 da rúa Fernando Conde de Vigo, por non terse incorporado nin adherido a súa propietaria á Xunta de Compensación (Exp. 220/413).

Segundo: Proceder á apertura dun trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no DOG e nun xornal dos de maior circulación da provincia, con notificación individualizada á propietaria interesada da folla separada de aprecio e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poida formular as alegacións que estime oportunas.

Terceiro: Instar do Rexistro da Propiedade nº 5 de Vigo a práctica da anotación do inicio do expediente expropiatorio polo procedemento de taxación conxunta, de acordo co establecido no artigo 22 do Real Decreto 1093/97, do 4 de xullo; expediente que afecta á finca rexistral nº 43.656, inscrita nese Rexistro ó Tomo 1048, Libro 48, Folio 163".




APROBACIÓN INICIAL ESTUDIO DE DETALLE EN RUA CORUÑA 33
(Expte. 12293/411)
A Xunta de Goberno Local do 3 de maio de 2010 acordou de conformidade cos informes técnicos que constan no Exp. nº 12293/411, aprobar inicialmente o estudio de detalle rúa Coruña nº 33, promovido pola mercantil Camponabal, S.L. e redactado polo arquitecto Sr. Cortizo Amaro, con visado colexial de datas 18.03.2010 e 31.03.2010.
Sométese o presente expediente ó trámite de información pública polo prazo vinte días hábiles, mediante publicación no DOG, e nun dous xornais de maior circulación da provincia. O prazo de exposición pública entenderase aberto dende a primeira publicación ata o remate dos vinte días contado dende o derradeiro anuncio.

A documentación do presente expediente está ao dispor do público en xeral na oficina de Información Urbanística, na planta baixa da Xerencia.


13/05/2010 Educación. Publicación das candidaturas provisionais de alumnado para o Consello Escolar Municipal de Centro
No documento que se adxunta preséntanse as candidaturas provisionais do alumnado, estabrecéndose un prazo de dous días hábiles para presentar reclamacións, enviando un correo electrónico a cemv@vigo.org, indicando os datos de contacto.

Transcorrido o prazo, enviaranse, por correo postal certificado, as papeletas para a votación, aos representantes de alumnos e alumnas dos consellos escolares dos centros de secundaria da cidade de Vigo. Para exercer o voto, deberán cumprimentar a papeleta, selala e entregala na Dirección dos seus centros.

Candidaturas provisionais de alumnado para o CEMV


8/05/2010 Xuventude. Bases Reguladoras e convocatoria para a concesión de subvencións para o fomento de Actividades Xuvenís 2010
OBXECTO:O obxecto das subvencións a que se refiren as presentes bases e convocatoria é contribuír a financiar os gastos ocasionados polo desenvolvemento e realización de programas e proxectos xuvenís mixtos, de mozos e mozas, por parte das entidades e/ou colectivos xuvenís da cidade, no ano 2010.

BENEFICIARIOS: Poderán solicitar e obter estas axudas :
a) Asociacións e entidades sen ánimo de lucro especificamente xuvenís, inscritas no Rexistro Municipal de asociacións do Concello de Vigo (Depto. de Participación Cidadá).
b) Outras entidades (Asociacións ou fundacións) integradas maioritariamente por mozos/as – mínimo 50% da xunta directiva- que, carecendo de interese lucrativo, desenvolvan programas e actividades dirixidas ao fomento da participación dos mozos/as e con manifesto protagonismo xuvenil na súa elaboración e desenvolvemento global. Deberán estar así mesmo inscritas no Rexistro Municipal do Concello de Vigo (Depto. Participación Cidadá).
c) Grupos de mozos/as non constituídos como asociación que, carecendo de interese lucrativo, teñan capacidade para realizar un proxecto específico de interese xuvenil.

FINANCIAMENTO DA CONVOCATORIA:A cantidade máxima destinada a estas subvencións será a de 24.000 euros (Vintecatro mil euros) que se farán efectivas con cargo á partida orzamentaria para 2010; 4520.489.00.00 "Subvención para o fomento de actividades xuvenís".

Publicación no BOP: 22 de abril de 2010
Prazo límite de entrega de documentación:ata o 22 de maio de 2010
Información e bases: 986.294806/ www.xuventudevigo.org "BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA ESPECÍFICA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DE ACTIVIDADES XUVENÍS NO 2010


7/05/2010 Benestar Social. Bases reguladoras e convocatoria para a concesión de subvencións a entidades e asociacións de carácter social, sen ánimo de lucro
BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA ESPECÍFICA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES E ASOCIACIÓNS DE CARÁCTER SOCIAL

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do día 18 de marzo de 2010, aprobou, entre outros asuntos as "bases reguladoras e convocatoria específica para a concesión de subvencións a entidades e asociacións de carácter social, sen ánimo de lucro para mantemento e para a realización de actividades da área dos servizos sociais" no ano 2010

O prazo para presentar as solicitudes é de 30 días naturais, contados dende o día seguinte a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP). A convocatoria publicouse no BOP nº 68 do día 13 de abril de 2010, polo que, o derradeiro día de prazo para presentar a solicitude é o 13 de maio de 2010

As bases e os impresos para participar na convocatoria están no Departamento de Benestar Social, na Oficina de Información, e na páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org).


7/05/2010 Tributos. Exposición pública do Imposto sobre actividades económicas correspondente ó 2010

Segundo a publicación no BOP núm. 82 de 3 de maio de 2010, a matrícula do Imposto sobre actividades económicas correspondente ó 2010 estará en exposición pública dende o 4 de maio ata o 25 de maio, en horario de 9 a 13.30 horas, , de luns a vernes, nos seguintes lugares:

-Oficina de Actividades Económicas e Industriais do Concello
-Terminal sito na Lonxa do Concello, de luns a sábado
-Páxina www.vigo.org accedendo á carpeta do cidadán co seu identificador, DNI electrónico ou certificado dixital,

As persoas interesadas poderán consultala e, de o consideraren, interpoñer recurso de reposición ante a Axencia Estatal da Administración Tributaria de Vigo no prazo de 15 días ou ben reclamación económico-administrativa no mesmo prazo, que contará a partir do día inmediato seguinte ó de finalización do período de exposición, de conformidade co Real decreto 243/1995 de febreiro de 1995 polo que se ditan normas para a xestión do Imposto sobre actividades económicas e se regula a delegación de competencias en materia de xestión censal do dito imposto.


7/05/2010 Benestar Social. Lecer no verán para persoas con discapacidade
"Divírtete no verán" – xullo
Datas: Do 29 de xuño ao 16 de xullo.
Prazo de solicitude: Mes de maio
Idade: Con 6 ou máis anos.
Horario: 10:00h ata 14:00h
Servizos complementarios: Transporte.
Lugar: Museo VERBUM

"Verán do lecer" – Agosto
Datas: Do 2 de agosto ao 20 de agosto.
Prazo de solicitude: Mes de maio
Idade: Con 6 ou máis anos.
Horario: 10:00h ata 16:00h
Servizos complementarios: Comedor e transporte.
Lugar: Centro ASPANAEX


6/05/2010 Institucional. Circular informativa celebración casamentos civís
CIRCULAR INFORMATIVA DE CELEBRACIÓN DOS ACTOS DE CASAMENTOS CIVÍS EDIFICIO MUNICIPAL DA RÚA AREAL, 46, PAZO-MUSEO "QUIÑONES DE LEÓN" E NA CASA DO CONCELLO DE VIGO


1.- LUGAR, DÍA e HORA:
Os casamentos civís no Concello de Vigo celebraranse, sempre e cando estean dispoñibles, nos seguintes lugares, días e horas:

-Edificio municipal, r/ Areal, 46: venres que non sexan festivos, 13.00, 13.45, 18.30 e 19.00 horas.

-Pazo-Museo "Quiñones de León" (Avda. Castrelos, s/n):
.venres, que non sexan festivos: 18.30 e 19.00 horas

.sábados, que non sexan festivos, nin víspera de festivo, ás 2.00, 12.30 e 13.00- 18.30 e 19.00 horas.

-Casa do Concello: Celebraranse neste lugar sempre que sexa por causas xustificadas ou de necesidade.

Se por causas de forza maior ou de interese xeral da propia administración, como celebración de recepcións ou outro tipo de actos ineludibles, se necesitasen as dependencias do citado pazo, a celebración do acto de casamento realizaríase a determinar polo Excmo.Sr. Alcalde, dando conta ás persoas interesadas.


2.- TRÁMITES NECESARIOS:

a.- Expediente de matrimonio civil no Rexistro Civil do domicilio dos contraentes:
Deberá tramitarse, de viviren os dous contraentes en Vigo, no Rexistro Civil do Xulgado de 1ª Instancia nº 4 (rúa Lalín, 4, tfno: 986817512). De viviren fóra de Vigo, xestionarase no Rexistro Civil que corresponda.
Unha vez tramitado este expediente, entregarase no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, indicando a data e hora de celebración de matrimonio, a seguinte documentación:

Escrito de datos de contraentes e Boletín estatístico de matrimonio, que se facilita no Rexistro Civil correspondente.
Fotocopia do DNI das dúas testemuñas do casamento, maiores de idade, que intervirán na celebración do acto.

A citada documentación é preceptiva, debendo ser presentada no Concello no período de tempo comprendido entre o momento de presentación da solicitude e o día décimo anterior a data de celebración da voda civil.

De non se recibir a documentación terase por desistidos ós contraentes da súa solicitude nos termos previstos no art. 71.1 da Lei 30/1992 (arquivo do expediente sen máis trámite, e a non celebración do casamento).


b. Solicitude de data de celebración de matrimonio no Concello de Vigo:
No departamento de Información do Concello, facilitarase o impreso de solicitude que entregarase, unha vez cuberto, no Rexistro Xeral do Concello para o seu envío ao Departamento de Relacións Públicas.

O prazo para admisión de solicitudes de vodas civís correspondentes ó ano seguinte, abrirase sempre, no mes de xuño do ano anterior.

Os trámites a-b poderanse facer simultaneamente, tendo en conta para solicitar data, que a duración do trámite do expediente de matrimonio no Rexistro Civil é, como mínimo, de tres meses, dependendo do estado civil e nacionalidade dos solicitantes.

3.- NOTIFICACIÓN
O Departamento de Relacións Públicas notificaralles ós solicitantes a resolución da súa solicitude, unha vez decretada a data de celebración de casamento polo Excmo. Sr. alcalde.

4.- COMPETENCIA PARA CELEBRACIÓN DE VODA CIVIL
As vodas civís serán celebradas pola Excmo. Sr. alcalde-presidente ou concelleiro/a en quen delegue. De tódolos xeitos, os solicitantes poderán suxerir un/unha concelleiro/a determinado/a, para o que deberán indicar o nome e apelidos do concelleiro/a no impreso de solicitude.

5.- OUTROS SERVICIOS
O Concello de Vigo faise cargo do acondicionamento da sala onde se celebrará o matrimonio civil, así como de:
-Ambientación musical; Canon de Johann Pachelbel. No caso de preferir outra peza musical, entragarase seleccionada e gravada (soporte cd) no Departamento de Relacións Públicas, unha semana antes da celebración do matrimonio civil; dita cinta devolverase ao remate da cerimonia.
-Ornamentación floral
-Obsequio aos contraentes ao remate da cerimonia.

Concello non se ocupará de reportaxes fotográficas ou filmes.

Todos os servicios anteriores son gratuítos.

6.- ADVERTENCIAS
Prohíbese o lanzamento de arroz, pétalos ou calquera outro material dentro das salas nas que se celebren as vodas cívís; ditas accións reservaranse para fóra do Edificio Municipal da rúa Areal 46, fóra do edificio do Concello ou da porta de acceso ó Pazo-Museo "Quiñones de León".
Prohíbese a entrada e estacionamento de vehículos dentro do Xardín Histórico e do Pazo-Museo "Quiñones de León", declarados Ben de Interese Cultural, e a entrada e estacionamento de vehículos no garaxe do edificio do Concello de Vigo.
Deberase facer un bo uso do Xardín Histórico; respectaranse escrupulosamente en todo momento os macizos e plantacións existentes.

7.- DEPARTAMENTO RESPONSABLE
O Departamento de Relacións Públicas é o responsable do trámite e celebración dos actos de casamentos civís. Dende este departamento remitarase a acta de matrimonio asinada ó
Rexistro Civil de Vigo, para que nun prazo de tres semanas seguintes ó día da voda civil, o Xulgado facilite ás persoas interesadas o correspondente Libro de Familia.

8.- INFORMACIÓN
Para información inicial:
Departamento Atención Cidadá
Tfnos: 010, chamadas dende Vigo
986810260, chamadas dende fóra de Vigo ou dende móbil.
Fax: 986810263
Correo electrónico: 010@vigo.org

No caso de teren xa solicitada data de celebración de matrimonio:
Departamento de Relacións Públicas e Prensa:Tfno: 986810100 -Ext.:1404
Fax: 986810192
Correo electrónico: ofi.rrpp@vigo.org

PREGUNTAS COMÚNS­

1º. ¿É obrigatorio o uso de aneis na cerimonia?
Non. De todos os xeitos, a Excmo.Sr. alcalde ou o concelleiro/a en quen delegue, ó remate da prestación do consentimento, preguntaralles se traen aneis e, en caso afirmativo, indicaralles que os intercambien.

2º.¿Pódese celebrar a voda en castelán?
Conforme á Ordenanza de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, art.1.1., o galego é o idioma oficial do Concello de Vigo; de todos os xeitos, por petición escrita da persoa interesada, poderá celebrarse en castelán.

3º. ¿Ten algún custo a celebración de matrimonio?
Non, é gratuíta.

4º. ¿Pódese estacionar o vehículo dos contraentes no Xardín Histórico do Pazo-Museo "Quiñones de León"?
Non, xa que está declarado Ben de Interese Cultural.

5º. ¿Quen ten a condición de testemuñas presenciais do casamento?
Persoas maiores de idade, que teñan relación ou non de consanguinidade cos solicitantes, estranxeiros ou non, homes ou mulleres indistintamente.

6º. Respecto ás testemuñas do casamento, ¿teñen que ser as mesmas testemuñas que acudiron ao Rexistro Civil para o trámite de expediente de matrimonio?
Non, depende da decisión dos solicitantes.


30/04/2010 Animación Socio Cultural. Convocatoria de subvencións para o fomento de actividades socioculturais 2010
Tras a publicación o 23 de abril de 2010 no Boletín Oficial da Provincia da convocatoria de subvencións para o fomento de actividades socioculturais (aprobadas pola Xunta de Goberno local o 12 de abril), ábrese o prazo para a presentación de solicitudes de subvencións para o fomento de actividades socioculturais para o ano 2010.

As persoas interesadas en concorrer a esta convocatoria presentarán as solicitudes no Rexistro xeral do Concello, ben directamente ou por calquera das formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes estabelécese en vinte días
naturais a contar desde a publicación da convocatoria no BOP: do 24 de abril ao 13 de maio de 2010, ambos incluídos.

Toda a información relativa á convocatoria, bases, modelos de solicitude e formularios está dispoñíbel nos servizos de información do Concello de Vigo, na páxina web (www.vigo.org) e no servizo de Animación Sociocultural.


23/04/2010 Deportes. Programa municipal de escolas deportivas 2009-2010
INSTITUTO MUNICIPAL DE DEPORTES

PROGRAMA MUNICIPAL DE ESCOLAS DEPORTIVAS 2009-2010

Ábrese o prazo para a presentación dos proxectos docentes do programa municipal de escolas deportivas para todas aquelas entidades deportivas que están a desenvolver dito programa durante o actual curso, nas modalidades existentes.
Asi mesmo, tamén poden presentar proxectos docentes, aquelas entidades deportivas que o desexen incorporarse ao programa.

O prazo de presentación de solicitudes é dende o 1 de Maio ata o 31 de maio.
As solicitudes deberanse presentarse no rexistro do Instituto Municipal dos deportes.
Os requisitos para presentar os proxectos docentes son os seguintes.

Memoria descriptiva do proxecto de escola na modalidade deportiva que se prentende desenvolver. O proxecto contara cos seguintes apartados.

Obxectivos a desenvolver na escola deportiva.
Especificación dos contidos a desenvolver ó longo do curso, distribuidos por idades ( primaria, secundaria) e categorías.
Modelos de ensinanza aprendizaxe que se empregarán.
Métodos de avaliación dos contidos. Avaliación inicial, contínua e final.
Instalacións nas que pretenden desenvolver a súas actividades, sexan públicas ou privadas.
Medios materiais dos que dispoñen (material docente).
Persoal titulado que desenvolverá o programa docente, e que asina o proxecto docente ( entrenador titulado, diplomado en Educación física ou licenciado en Ciencias da Actividade Física).
Coordinador da entidade para a relación con IMD.
Número de alumnos ós que está disposto a impartir a mencionada escola.

Outros datos:
Datos fiscais da entidade.
Si é primeira vez que se presenta os estatutos de constitución da mesma.
Datos do representante legal.
Certificado bancario do nº de conta.

Para maís información poden chamar ós teléfonos 986-235901.


23/04/2010 Deportes. Convocatoria para a concesión subvención a Entidades Deportivas tempada 2009-2010

DEPORTES

"CONVOCATORIA ESPECÍFICA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS DE VIGO EN RELACIÓN Á ACTIVIDADE DEPORTIVA DA TEMPADA 2009/2010"

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, na sesión ordinaria do 12 de abril de 2010, aprobou a "Convocatoria específica para a concesión de subvencións a entidades deportivas de Vigo en relación á actividade deportiva da tempada 2009/2010" (BOP 21 de abril de 2010), e a tal fin destina no seu orzamento do ano 2010 con cargo á partida orzamentaria 4521.489.00.00 "Subvención a clubs e entidades sen fin de lucro, un importe total de 578.500,00 euros (cincocentos setenta e oito mil quinientos euros).
Esta convovatoria, está destinada a Clubs deportivos, asociacións e agrupacións deportivas, e entidades deportivas que teñan o seu enderezo social en Vigo e que cumpran os requisitos que establece esta convocatoria, co obxecto de contribuir a financiar os gastos ocasionados polo funcionamento das entidades deportivas da cidade e a súa actividade deportiva na tempada 2009/2010.
Tal como estabrece a clausula 10ª das bases, o prazo para presentar as solicitudes, será de 30 días naturais contados dende o día seguinte a súa publicación no Boletín Oficial da Província (BOP 21 de abril de 2010).
As bases e os anexos desta convocatoria atópanse ao público na páxina Web do Concello, www.vigo.org e na Concellería de Deportes (Pta. 10ª do Concello de Vigo).



"CONVOCATORIA ESPECÍFICA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS DE VIGO PARA A ORGANIZACIÓN DE EVENTOS E ACTIVIDADES DEPORTIVAS DURANTE O ANO 2010".
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, na sesión ordinaria do 12 de abril de 2010, aprobou a "Convocatoria específica para a concesión de subvencións a entidades deportivas de Vigo para a organización de eventos e actividades deportivas durante o ano 2010" (BOP 21 de abril de 2010), e a tal fin destina no seu orzamento do ano 2010 con cargo á partida orzamentaria 4521.489.00.01 "Subvencións eventos deportivos", por un importe total de 200.000,00 euros (Dous centos mil euros).Esta convovatoria, está destinada a entidades deportivas sen fins de lucro que reúnan os requisitos establecidos, co obxecto de contribuir a financiar os gastos ocasionados pola organización de eventos deportivos na cidade de Vigo durante o ano 2010.
Tal como estabrece a clausula 10ª das bases, o prazo para presentar as solicitudes, será de 30 días naturais contados dende o día seguinte a súa publicación no Boletín Oficial da Província (BOP 21 de abril de 2010). As bases e os anexos desta convocatoria atópanse ao público na páxina Web do Concello, www.vigo.org e na Concellería de Deportes (10ª Planta do Concello de Vigo).


23/04/2010 Benestar Social. Convocatoria concesión subvencións a Entidades de carácter social para a realización de Actividades 2010
BENESTAR SOCIAL

BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA ESPECÍFICA PARA A CONCESIÓN DE
SUBVENCIÓNS A ENTIDADES E ASOCIACIÓNS DE CARÁCTER SOCIAL, SEN
ÁNIMO DE LUCRO PARA MANTEMENTO E PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DA ÁREA DOS SERVIZOS SOCIAIS NO ANO 2010

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do día 18 de marzo de 2010, aprobou, entre outros asuntos as "bases reguladoras e convocatoria específica para a concesión de subvencións a entidades e asociacións de carácter social, sen ánimo de lucro para mantemento e para a realización de actividades da área dos servizos sociais" no ano 2010.
O prazo para presentar as solicitudes é de 30 días naturais, contados dende o día seguinte a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP). A convocatoria publicouse no BOP nº 68 do día 13 de abril de 2010, polo que, o derradeiro día de prazo para presentar a solicitude é o 13 de maio de 2010.

As bases e os impresos para participar na convocatoria están no departamento de Benestar Social, na oficina de Información, e na páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org).


15/03/2010 Institucional. Acto celebración 25 Aniversario de Cedro
Programa Pdf


12/03/2010 Cursos. Curso 'Deseño para artesáns: ferramenta creativa, ferramenta produtiva
O curso organizado pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño e impartido por profesores da Escola Massana de Barcelona iniciarase o vindeiro venres 12 ás 09:30 horas, nunha das aulas do MARCO Museo de Arte Contemporáneo de Vigo.

O curso, que comezará os días 12 e 13 de marzo en Vigo, será completado os días 9 e 10 de abril no CGAC na cidade de Santiago de Compostela con máis talleres e conferencias co obxectivo de darlle a artesás e artesáns en activo unhas ferramentas básicas no eido do deseño e a comunicación de produto.

O curso ten unha duración total de trinta horas e nos catro días de celebración terase a vontade de darlle aos artesáns en activo unha ferramentas básicas no eido do deseño a través dos seguintes contidos: Cultura do proceso e/ou cultura do proxecto, talleres de deseño de produto, socioloxía do uso e do mercado, identidade e imaxe gráfica de marca e a embalaxe e/ou packaging como estratexia e posicionamento no punto de venda. O equipo de docentes encargados de impartir esta primeira parte do curso son Elisabet Puig, María José Álvarez e Jesús Ángel Prieto da Escola Massana de Barcelona e que abrirán unha nova canle de comunicación cos artesáns galegos que completarán os profesores Pere Durán e Oscar Guayabero na finalización do curso en Santiago de Compostela.

A Consellería de Economía e Industria segue apostando pola formación como un dos pilares fundamentais na estratexia de mellora do sector artesanal galego, encadrando este curso dentro do programa semestral de formación en materia de artesanía que a Dirección Xeral de Comercio convoca a través da páxina web de Artesanía de Galicia e dirixido principalmente aos artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.


19/02/2010 Recadación Voluntaria. Sistema especial de Pago: Imposto sobre bens inmobles I.B.I
A data límite para admisión de solicitudes de altas, modificacións e baixas no sistema especial de pago do imposto sobre bens inmobles (IBI) do ano 2010, finaliza o 1 de marzo do presente ano.


19/02/2010 Urbanismo. Aprobación inicial do proxecto de normalización de predios da "Unidade Reparcelatoria número 1" prevista como tal no PEPRI de Bouzas
- ANUNCIO -

APROBACION INICIAL DO EXPEDIENTE DE NORMALIZACION DE PREDIOS DA UNIDADE REPARCELATORIA Nº 1 DE BOUZAS (EXPTE. 11153/411)

A Xunta de Goberno Local na sesión ordinaria do 2 de febreiro de 2010 acordou aprobar inicialmente o proxecto de normalización de predios da "Unidade Reparcelatoria número 1" prevista como tal no PEPRI de Bouzas, contida no proxecto redactado polos arquitectos dona Úrsula Marta Bastos Riveiro e don Gustavo A. Alvarez-Valdes Gonzalez (data visado 3.09.2009).

Sométese o presente expediente ao trámite de información pública polo prazo dun mes a traverso da súa publicación no Boletín oficial da Provincia, no taboleiro de anuncios da Xerencia de Urbanismo e nun diario dos de maior circulación da provincia, ao abeiro do establecido nos artigos 108 e 117 do Reglamento de Xestión Urbanística, entendéndose o prazo de exposición pública dende a data de publicación do devandito anuncio.

A documentación atópase na oficina de Información pública da Xerencia Municipal de Urbanismo sita na planta baixa da Xerencia, de luns a venres, en horario de 9,00 a 13,30 horas, para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou xustificacións se estimen pertinentes.
Er/

Vigo, 12 de febreiro de 2010
O ALCALDE,



Asdo. Abel Caballero Alvarez



6/02/2010 Urbanismo. Aprobación inicial da modificación puntual do Plan Especial de reforma interior IV-04 no seu Polígono 11 (EXPTE. 7088/411)
XERENCIA DE URBANISMO
PLANEAMENTO e XESTIÓN

APROBACIÓN INICIAL DA MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PLAN ESPECIAL DE REFORMA INTERIOR IV-04 NO SEU POLIGONO 11 (EXPTE. 7088/411)

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 22 de decembro de 2003, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan especial de reforma interior IV-04 do Calvario, no seu polígono 11 (Expte. núm. 7088/411), que comprende a ordenación de volumes do ámbito da delimitación do propio polígono e da substitución da compensación, como sistema de actuación previsto para a execución deste ámbito, polo de cooperación, conforme coa documentación presentada por D. Tomás Rodríguez Costas, quen actúa como presidente da Xunta de Compensación do polígono 11 do PERI do Calvario, facultado por acordo da súa Asemblea Xeral, adoptado en sesión extraordinaria do 18 de decembro de 2000, redactada polos arquitectos D. Salvador Fraga Rivas, D. Francisco Javier García - Quijada Romero e D. Manuel Portolés Sanjuán, por encargo da mercantil ESPACIO VITAL, S.L., con data de visado do COAG do 7 de outubro de 2003 --planos-- e 17 de decembro de 2003 -- Memoria e tomo de contestación ao Informe da Dirección Xeral de Urbanismo--, coa salvedade de que as referencias e precisións que na documentación se fan ás distintas parcelas do ámbito, respectivas superficies e titularidade destas deben de entenderse como meramente indicativas e non prexulgan o seu definitivo deslinde, determinación da efectiva superficie e atribución de titularidade, que corresponderá o proxecto de equidistribución do polígono.

Sométese este expediente ao trámite de información pública polo prazo DUN MES, mediante pubiciación no DOG, e en dous xornais de maior difusión da provincia; este anuncio deberá publicarse, neste último caso, en dous días consecutivos. O prazo de exposición pública entenderase aberto dende a primeira publicación ata o remate do mes contado dende o derradeiro anuncio.

A documentación do expediente está ao dispor do público en xeral na oficina de Información Urbanística, na planta baixa da Xerencia.

O anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos nos artigos 59.4 da Lei 30/1992 do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 do 13 de xaneiro, para todos e todas aqueles/as interesados/as directamente afectados/as que por resultar descoñecidos/as ou por ignorar o seu domicilio non poidan ser notificados/as persoalmente.


2/02/2010 Normalización lingüística. Convocatoria cursos de lingua galega na Escola Oficial de Idiomas de Vigo, niveis Celga 1 e 4
A EOI de Vigo convoca cursos, gratuítos, preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga 1 e 4.
A solicitude do curso debe presentarse na Secretaría da EOI (avda. Martínez Garrido, 17), teléfono: 986 26 02 10.
Esta orde publicouse no DOG núm. 19 do venres, 29 de xaneiro de 2010 (páx. 1068 e ss.).
Máis información na web: http://snl.vigo.org ou no teléfono: 986 81 02 81


31/12/2009 Urbanismo. Aprobacióon inicial da modificación puntual do Plan Especial de Reforma Interior (PERI) IV-01 de San Roque A.
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, na sesión ordinaria do 16 de novembro de 2009, adoptou o seguinte acordo:

"Primeiro: Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan Especial de Reforma Interior (PERI) IV-01 de San Roque A.

Segundo: Proceder á apertura do trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante anuncio que se publicará no DOG e en dous dos periódicos de maior difusión da provincia e asemade, notificar individualmente a todos os propietarios dos terreos afectados".

O expediente estará a disposición do público en xeral, para a súa consulta e a presentación de cantos escritos de alegacións ou documentos se estimen pertinentes, no departamento de Información de Urbanismo, sito na planta baixa do edificio da Xerencia municipal de Urbanismo (Praza do Rei, s/n), en horario de 9,00 a 13,30 horas. O prazo de información pública entenderase aberto coa publicación do primeiro anuncio e rematará contado un mes dende a última publicación.


6/11/2009 Turismo. Convocatoria subvencións para fomentar o emprego no pequeno e mediano comercio
Bases e convocatoria Para fomentar O emprego no pequeno e mediano comercio de Vigo

PRIMEIRA.- Situación determinada que é obxecto da subvención

É obxecto das presentes bases e convocatoria fomentar e coadxuvar ao mantemento de emprego no pequeno e mediano comercio de Vigo e a formación dos seus traballadores/as, nunha situación de crise económica e de especial afección nas ventas e consumo ocasionada con motivo das obras na cidade.
Estas axudas outorgaranse de acordo aos principios de publicidade, concorrencia e obxectividade.
SEGUNDA.- Contía total, individual e crédito orzamentario

A contía da presente convocatoria ascende a un total de 1.200.000 €, os cales serán financiados cos seguintes criterios:

2009: partida orzamentaria 6220.4700000 "Subvención o pequeno comercio" → 600.000 euros
2010: partida orzamentaria 6220.4700000 "Subvención o pequeno comercio"→ 600.000 euros
Criterios de aplicación dos créditos desta convocatoria:
2009: ata un máximo de 2.800 euros por beneficiario durante o ano 2009.
2010: ata un máximo de 2.800 euros por beneficiario durante o ano 2010.

TERCEIRA.- Prazo de presentación das solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria realizarase en dúas fases:

1ª fase da convocatoria: para os beneficiarios de ata 2.800 euros no ano 2009. Vinte (20) días naturais a contar dende o día seguinte a publicación destas bases no BOP.

2ª fase da convocatoria: para os beneficiarios de ata 2.800 euros no ano 2010. Do 18 de xaneiro ó 6 de febreiro, ambos inclusive.

Os solicitantes das axudas consideradas nas presente bases presentarán as súas solicitudes a través do Rexistro Xeral Municipal ou por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992 do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común na súa redacción dada pola Lei 4/1999 do 13 de xaneiro.

CUARTA.- Bases da convocatoria
Publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o mércores 4 de novembro de 2009, as bases se poderán consultar na páxina web do Concello de Vigo, www.hoxe.vigo.org, apartado "Convocatorias" ou se poderán recoller as instancias na oficina de Información Xeral do Concello de Vigo.



14/08/2009 Emprego. Convocatoria para o ano 2009 do "Programa de Axudas Municipais á creación de Empresas no marco do Plan Municipal de Emprego 2008-2011

CONVOCATORIA PARA O ANO 2009 DO
"PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS",
NO MARCO DO PLAN MUNICIPAL DE EMPREGO 2008–2011

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 20/07/2009, a proposta da Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2009 do "PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS", no marco das actuacións do Plan municipal de emprego 2008-2011 e as cales serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) nestas datas.

OBXECTO:
Poderán acollerse a estas axudas os/as empresarios/as individuais e as pequenas e medianas empresas, promovidas por persoas desempregadas independentemente da súa forma xurídica, constituídos no período comprendido entre o 1 de xuño de 2008 e o 31 de maio de 2009 e que cumpran os requisitos establecidos nas bases, como:
1.- Pertenza a un dos colectivos seguintes:
persoas paradas de longa duración,
maiores de 45 anos,
mulleres,
persoas discapacitadas,
mozos/as ata 30 anos,
persoas pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
2.- Ou cumprir a condición de:
estar a empresa emprazada na zona de delimitación da área P.E.P.R.I. do Casco Vello de Vigo.

PRAZOS E LUGAR DE PRESENTACIÓN:
O prazo de presentación de solicitudes será ata o 31 de agosto de 2009.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, dirixidas á Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá, ao "Programa de axudas municipais á creación de empresas"

INFORMACIÓN:
Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE). Cánovas del Castillo, 2, 2º
Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá.
Tfno.: 986 44 37 49; Correo electrónico: PME.oficina2@vigo.org
Tanto as bases reguladoras das axudas como os anexos que ten que presentar a persoa solicitante, estarán á súa disposición nas dependencias de Información do Concello de Vigo, na Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá e na súa páxina web: www.vigo.org


12/06/2009 Benestar Social. Subvencións Benestar Social
A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 18 de maio de 2009, aprobou, entre outros asuntos "As bases reguladoras e convocatoria específica de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro para o mantemento e fomento de actividades de maiores e de benestar social" no ano 2009.

O prazo para presentar as solicitudes é de 30 días naturais, contados dende o día seguinte a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP). A convocatoria publicouse no BOP o día 8 de xunño de 2009, polo que, o derradeiro día de prazo para presentar a solicitude é o 8 de xullo de 2009.

As bases e os impresos para participar na convocatoria están na oficina de Información do Concello.


29/05/2009 Participación Cidadá. Convocatoria de subvencións para "investimento en infraestructuras e equipamento para entidades privadas sen ánimo de lucro ano 2009"
Comunícase ás persoas interesadas que as bases de convocatoria de subvencións para "investimento en infraestructuras e equipamento para entidades privadas sen ánimo de lucro ano 2009" e para "o fomento de actividades de participación cidadá e desenvolvemento sociocomunitario ano 2009" están na oficina de Información e páxina web do Concello de Vigo.
O prazo de presentación remata o día 22 de xuño de 2009.


Pechar