31/01/2012 Normalización lingüística. Reparto gratuíto do libro de toponimia de Lavadores Normalización lingüística. Reparto gratuíto do libro de toponimia de Lavadores Poden conseguir un exemplar deste libro, froito da colaboración da Universidade de Vigo e da Concellería de Normalización Lingüística, nas dependencias do Servizo de Normalización (1.ª planta da Casa do Concello, praza do Rei, núm. 1) ou ben enviando un correo electrónico a ofi.normalizacion@vigo.org indicando: o nome da persoa solicitante e os datos completos dun enderezo postal 31/01/2012 Actividades culturais. Bases para participar no Concuro Entroido 2012 -Bases Comparsas pdf -Bases Coplas.pdf -Bases Disfraces.pdf 19/01/2012 Normalización lingüística. Cursos e exames de lingua galega CELGA A Xunta de Galicia convocou os cursos e exames de lingua galega para o ano 2012 Cursos gratuítos: DOG núm. 5 do luns, 9 de xaneiro (páx. 1.269 e ss.). G. Remata prazo o 30/01/2012 Exames: DOG núm. 11 do martes, 17 de xaneiro (páx. 2.610 e ss.). Taxa exame: 15,61 euros. Remata prazo o 03/04/2012 Máis información na web: www.xunta.es/linguagalega 23/12/2011 Festas. Gañadores concurso "Vente cos Reis Magos" -Listado Nenos Gañadores 4/11/2011 Turismo. Convócase a proba práctica e entrevista persoal para as bolsas de turismo Consonte co previsto nas bases xerais e convocatoria de "Bolsas para a realización de prácticas en Oficinas de Información e servizos turísticos", aprobadas pola Xunta de Goberno Local na súa sesión ordinaria do 7 de outubro de 2011, Convócase aos aspirantes á proba práctica e entrevista persoal que se realizará no Auditorio Municipal sito na planta baixa da Casa do Concello o día 7 de novembro de 2011, ás 9:00h. Os aspirantes deberán acudir provistos de útiles de escribir e o DNI. 11/10/2011 Urbanismo. Contratación da obra de derruba parcial do edificio de vivendas na rúa Churruca nº 3 e 5, esquina rúa Gravina. A N U N C I O : 1.- Entidade que adxudica: Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo. 2.- Obxecto do contrato: obra de derruba parcial do edificio de vivendas na rúa Churruca nº 3 e 5, esquina rúa Gravina (execución subsidiaria derivada do expediente 15.529/423). Praxo de execución máximo: 12 meses. 3.- Tramitación e procedemento: negociado con publicidade no perfil do contratante. 4.- Presuposto: 472.168,35 euros (máis 84.990,30 euros de IVE ó 18%). 5.- Garantías provisionais: non se esixe. 6.- Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono 986.810346; dirección de correo electrónico: urb.scentrais@vigo.org. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións. 7.- Requitos específicos do contratista: Clasificación: Grupo C, subgrupo 1 e categoría C. 8.- Presentación de ofertas: 15 días naturais seguintes ó da inserción deste anuncio no perfil do contratante. - Documentación: a esixida na clásula 10ª prego de cláusulas administrativas particulares. - Lugar de presentación: Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, ata as 13,30 horas do último día de prazo. - Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses desde o día de apertura de proposicións. 9.- Apertura de proposicións: según se anuncio no perfil do contratante. 10.- Outras informacións: 11.- Páxina web para obtención de información: www.vigo.org. 5/10/2011 Mobilidade. Acta e resultados do exame para a concesión do permiso municipal de condutor de auto-taxi Acta e resultados do exame para a concesión do permiso municipal de condutor de auto-taxi celebrado o dia 29 de setembro de 2011. 27/09/2011 Medio Ambiente. Camiño a Camiño: Tempada de outono O programa de educación medioambiental "Camiño a Camiño" desenvolto pola Concellería de Medio Ambiente inicia a tempada de outono combinando rutas clásicas por Vigo e bisbarra con rutas por Galicia. "Camiño a Camiño" busca combinar a sensibilización medioambiental co fomento de hábitos saudables entre a cidadanía viguesa. Nesta edición vaise aproveitar a celebración do Ano Internacional dos bosques promovido pola ONU, para afondar na riqueza forestal que Vigo posúe. Máis información 19/09/2011 Subvencións. Resolución das axudas municipais escolares de libros, material escolar e comedor, curso 2011/2012 Listaxe da Resolución 2/09/2011 Institucional. Bando Alcaldía : Tramitación de autorización municipal para o curso escolar 2011-2012 De conformidade có disposto no artº 3 da "Ordenanza Municipal reguladora do transporte regular especial de uso escolar", aprobada inicialmente polo Pleno Municipal en data 10 de abril de 1992 e, definitivamente polo Pleno Municipal en sesión de 11 de septiembre de 1992, recórdase aos titulares das empresas de vehículos adicadas á realización do servicio de transporte escolar dentro do casco urbano, que antes do comenzo do vindeiro curso 2011 - 2012 (setembro 2011), deberán dispor da oportuna AUTORIZACIÓN MUNICIPAL. Para elo e a fin de poder tramitar tódalas autorizacións antes do comenzo do vindeiro curso, concédese un prazo de (10) DEZ DIAS para que presenten no Rexistro Xeral do Concello, as correspondentes solicitudes cos documentos esixidos no citado artº 3 da Ordenanza, e demáis lexislación de aplicación, documentación que é a seguinte: I.- Instancia dirixida ó Iltmo. Sr. Alcalde de Vigo, cos seguintes datos: Datos identificativos do propietario dos vehículos (razon social). Relación de centros escolares para os que se desexe prestar o servicio. Relación de vehículos que, con carácter principal ou suplente, se pretendan adicar á prestación do servicio, con indicación de marca, número de bastidor e matrícula de cada un dos vehículos obxecto de solicitude e permiso de circulación dos vehículos a nome do solicitante da autorización do transportes, ou título que, segundo o establecido no art. 48.1 do Regulamento de Ordenación do Transporte Terrestre, outorgue a disponibilidade sobre este. II.- Fotocopia compulsada da Tarxeta de Inspección Técnica de Vehículos (ITV), acreditativa de que os vehículos teñen pasadas as revisións regulamentarias e cumpren as prescripcións legais vixentes relativas a transporte escolar. III.- Fotocopia compulsada da Póliza de seguros de responsabilidad civil ilimitada e do seguro complementario e recibos actualizados, polos danos e perxuizos que poidan chegar a sofrir as persoas transportadas, derivados do uso e circulación dos vehículos destinados a esa forma de transporte. IV.- Certificado da entidade contratante que acredite os itinerarios e paradas a realizar, que haberán de axustarse ás que foron aprobadas e figuran como Anexo I da devandita Ordenanza. V .- Croquis esquemático nun plano a escala 7:500 (doblando o formato UNE A-4), onde se identifique o itinerario e as paradas propostas entre as contempladas no Anexo I da "Ordenanza Municipal reguladora do transporte regular especial de uso escolar. VI.- Declaración xurada da empresa de transportes, asumindo o compromiso da presencia dun acompañante nos vehiculos que transporten menores, nos casos que establece o Real Decreto". O transporte deberá realizarse de conformidade co disposto no Real Decreto 443/2001, do 27 de abril, vixente na data deste Bando. - Poderá sustituirse a presentación da Tarxeta de ITV, da póliza de Seguros e do Permiso de circulación de cada vehículo, por un certificado da Delegación de Transportes da Xunta de Galicia, no que se faga constar que os vehículos -relacionando as matrículas- son aptos para realizar servicios de transporte escolar. Calquera dúbida pode ser consultada na Área de Mobilidade, Transportes e Seguridade en horario de 9:00 a 13:30 horas, ou chamando ao Tfo. nº 986-81-01-21 3/06/2011 Institucional. Inspección técnica de Edificios 2011 BANDO INSPECCIÓN TÉCNICA DE EDIFICACIÓNS (ITE) - 2011 Lémbrase á cidadanía que, de acordo co sinalado na disposición transitoria única da vixente Ordenanza municipal reguladora da Inspección Técnica de Edificacións (ITE) do Excmo. Concello de Vigo, durante este ANO 2011 deberán pasar a súa primeira inspección AS EDIFICACIÓNS CONSTRUÍDAS ENTRE 1970 E 1980. A listaxe destas edificacións atópase a disposición dos interesados para a súa consulta na páxina web do Concello http:// hoxe.vigo.org/ movemonos/urbanismo4.php e no taboleiro de anuncios do Concello e da Xerencia de Urbanismo. QUE É A ITE? A ITE é unha INSPECCIÓN QUE DEBERÁN PASAR TODAS AS EDIFICACIÓNS, CALQUERA QUE SEXA O SEU DESTINO (vivendas, oficinas, industria, comercio, etc.), EN FUNCIÓN DA SÚA ANTIGÜIDADE PARA ACREDITAR O SEU ESTADO DE SEGURIDADE CONSTRUTIVA. Permitirá que se acometa, a tempo, a execución das medidas inmediatas que eviten tanto os riscos para a seguridade das persoas coma a necesidade de afrontar reparacións máis complexas e custosas. QUEN ESTÁ OBRIGADO? Todos/as os/as propietarios/as, persoas físicas ou xurídicas titulares de calquera tipo de ben inmoble. COMO SE PASA A INSPECCIÓN? A inspección debe realizarse por profesionais independentes legalmente facultados para levar a cabo esta función. As persoas propietarias deberán encargar a un/unha técnico/a competente a expedición do informe de inspección e facilitará á dito/a técnico/a a visita de inspección a todas as dependencias do edificio. Unha vez efectuada a inspección, farase constar o seu resultado nun impreso normalizado, que deberá ser presentado no colexio profesional correspondente e no Rexistro Xeral da Xerencia Municipal de Urbanismo. O seu resultado quedará reflectido nun rexistro de edificacións creado para o efecto. CANTO CUSTA? O seu custo será o libremente pactado cos profesionais que a propiedade ou comunidade de propietarios contrate para realizar a inspección. A finais deste ano 2011 haberá unha nova Convocatoria de axudas para sufragar o custo do informe de ITE das persoas físicas que carezan de recursos suficientes para a súa realización e que sexan propietarias dun único ben inmoble que sexa a súa vivenda habitual. PODEN SANCIONARME POR NON PRESENTAR O INFORME? O incumprimento de presentación do informe en prazo constitúe unha infracción urbanística leve, sancionable con multa de 300 a 6000 €. Non se poderán conceder axudas municipais á rehabilitación total ou parcial das edificacións sen cumprir en prazo coa obriga de presentar o informe de ITE. Para calquera aclaración pode consultar a páxina web do Concello ou chamar ao teléfono de información de atención cidadá "010". Vigo, 26 de maio de 2011 O ALCALDE - PRESIDENTE EN FUNCIÓNS DA XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO, Abel Caballero Álvarez 3/06/2011 Urbanismo. Proxecto expropiatorio por taxación conxunta da «Actuación Illada Nº 2» do PERI de Bouzas.Aprobación Inicial PROXECTO EXPROPIATORIO POR TAXACIÓN CONXUNTA DA "ACTUACIÓN ILLADA Nº 2" (CASA DO PATÍN) DO PEPRI DE BOUZAS. APROBACIÓN INICIAL (EXPTE. 227/413) A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 9 de maio de 2011, adoptou o seguinte acordo: "Primeiro: Aprobar inicialmente o proxecto expropiatorio por taxación conxunta da «ACTUACIÓN ILLADA Nº 2» do PEPRI de Bouzas, para obter os terreos e posibilitar a rehabilitación ou reconstrucción dos inmobles e posterior afectación dos mesmos ó uso de equipamento cultural previsto no planeamento. Esta actuación comprende os catro predios con referencias catastrais núms. 0451607NG2705S0001YF, 0451608NG2705S0001GF, 0451605NG2705S0001AF e 0451606NG2705S0001BF (rúa S. Miguel núms. 2-4-6 e rúa Alfolíes núms. 10 e 12), segundo a documentación elaborada pola Oficina de Planeamento – Xestión da Xerencia municipal de Urbanismo (Exp. Nº 227/413). Segundo: Proceder á apertura dun trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no DOG e nun xornal dos de maior circulación da provincia, con notificación individualizada ós propietarios da folla separada de aprecio e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular as alegacións que estimen oportunas. Terceiro: Instar do Rexistro da Propiedade nº 3 de Vigo a práctica da anotación do inicio do expediente expropiatorio polo procedemento de taxación conxunta, de acordo co establecido no artigo 22 do Real Decreto 1093/97, do 4 de xullo; expediente que afectas ós predios rexistrais núms. 7206, 7207, 78389 e 5281, inscritos nese Rexistro." O expediente estará a disposición do público en xeral no departamento de Información de Urbanismo, situado na planta baixa do edificio da Xerencia municipal de Urbanismo (Praza do Rei, s/n), en horario de 9,00 a 13,30 horas, para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións estimen pertinentes na súa defensa, entendéndose o periódo de exposición pública dende a primeira publicación ata pasado o mes dende a última publicación. |