vigohoxe  




Entradas
Programa
Interpretes



 


« Volver

MASSIMO SPADANO
-


Naceu en Lanziano, Italia. Conseguíu o Diploma "cum laude" do seu país. Máis tarde obtivo o Diploma de solista na Universidade de Utrech, baixo a guía de Víctor Libermann y Philippe Hirschhorn.

Foi membro da "Eurepean Community Youth Orchestra". Concertino e solista en distintas formacións coas que actuou nas máis importantes salas de Europa, U.S.A., Sudamérica, Asia, África e Oriente Medio.

Actuou en festivais e tempadas de Berlín, Salzbourg, Milán, París, Madrid, Roma, Montpellier, Wiesbaden, Amsterdam, Florencia, Barcelona, Munich, Napflion… con Viktoria Mullova e con Katia e Marie Labeque , Alessandro Baricco e Gerard Depardieu.

Adica gran parte da súa actividade á Música Antigua con instrumentos orixinais e á súa investigación, participando na edición de numerosos volumes de música barroca coa "Camerata Anxanum", orquestra italiana da que é membro fundador.

Desde 1996 é concertino da OSG e como directo traballou coa orquestra de cámara e tamén coa Orquestra Sinfónica de Vallés. Sempre como concertino colaborou con : Orchestre National de Lyon, Accademia di Santa Cecilia de Roma, Orchestre de Chambre de Lausanne, Ciudad de Granada, Sinfónica de Tenerife, Teatre Liceu e con grupos barrocos como Ensemble Baroque de Limoges con Christophe Coin, Ensemble Zefiro, Hesperion XX, Le Concert des Nations con Jordi Savall,…

Posúe gravacións en distintos selos: Denon, Opus 111, Bongiovanni, Astrèe. Con ésta última recibíu o "Choc Musique" un dos máis destacados recoñecementos discográficos, pola gravación das "Sonatas" de Reickard.

Otorgáronlle o título honorífico"LaureateJuventus" en Cambray, Francia, en 1996.

© Concello de Vigo