vigohoxe  




Entradas
Programa
Interpretes



 


« Volver

MARCO EVANGELISTI
Piano


Nacido en Pietrasanta (Lucca). Obtén o título de piano en 1982 no instituto Musical Pietro Mascagni de Livorno. Realiza estudios de composición co Mestre Giani Luporini.

En 1985 gana o Premio Laboratorio Lírico de Alessandría para mestres colaboradores. Traballa durante dez anos como pianista e apuntador nos teatros líricos italianos de maior tradición (Cremona, Cosenza, Foggia, Lecce, Trapani, Festival de Fermo, Lucca, Mantua, etc.), na RAI de Milán, na Radiotelevisión Suisse de Lugano, no Erite Lírico Giuseppe Verdi de Trieste e na Ópera de Montecarlo, como director musical de escena.

De 1990 a 1995 foi o mestre apuntador do Festival Maggio Musicale e do Teatro Comunale de Florencia, baixo a dirección habitual de Zubia Melita, o seu director musical principal. Traballou, entre outros, con Semyon Bychkov, Gernady Roozshdestvensky, Bruno Bartoletti, Myung-Whun Chung, Lawrence Foster, Gianandrea, Gavazzeni e Miguel Ángel Gómez Martínez.

Dende 1996 vive en Barcelona e colabora co Festival Internacional de Música de Castell Peralada.

Foi profesor na Fundación Arturo Toscanini de Módena e acompañou as clases maxistrais de Montserrat Caballé, Raina Kabaiwanska, Arrigo Pola, Luciano Pavarotti e Jaime Aragall.

Nos últimos anos actuou como pianista acompañante en recitais de ópera e música de cámara xunto a novos valores da lírica e grandes intérpretes consagrados como Montserrat Caballé, Rockwell Blake e Jaime Aragall, con quen colabora habitualmente.

© Concello de Vigo