|
GA
Escudo Concello de Vigo

Actualidad

Noticias con voz

Lectura de la noticia selecccionada. Ha seleccionado la noticia número 5

Cuando quiera volver a los titulares de las noticias pulse la tecla 0.

Chus Lago presenta o I Roteiro en Feminino "Sons de Mulleres"

A concelleira de Igualdade, Chus Lago, presentou esta mañá en rolda de prensa o I Roteiro en Feminino "Sons de Mulleres" que se desenvolverá o vindeiro sábado 17 de decembro, co que se pretende por en valor a valentía das mulleres que cada día , e cada minuto fan do seu labor unha achega ao desenvolvemento social, económico e cultural da cidade de Vigo.A concelleira estivo acompañada por Luisa Ocampo de Mulheres Nacionalistas Galegas e María Casar coordinadora do roteiroO Roteiro é unha actividade organizada por Mulheres Nacionalistas Galegas coa que se quere amosar e visibilizar o traballo que as mulleres realizaron dun xeito anónimo, colectivo ou indivualmente , a través dunha escolma temática que percorre varios puntos da cidade. O obxectivo é rendir unha homenaxe ás mulleres que dun xeito anónimo foron abrindo camiño.

O 17 de decembro ás 11 horas farase un percorrido por todos os puntos do roteiro desde a Praza 8 de marzo até a rúa Concepción Arenal pasando polos 15 puntos dedicados a mulleres anónimas nuns casos e mulleres destacadas noutros. O percorrido rematará no MARCO ás 12.30 horas nun acto de homenaxe e presentación público interdisciplinar de danza contemporánea e música.

Os 15 puntos do roteiro:

1.- Praza 8 de marzo ( rúa das Camelias)
2.- Casa das Mulleres ( rúa Romil)
3.- Lavadoiro A Barroca ( Poboadores)
4.- Berbés ( Praza da Ribeira)
5.- Imprenta Juan Compañel: Rosalía de Castro ( rúa Real,12)
6.- Estación Marítima: A Emigración
7.- Ostreiras ( rúa Pescadería)
8.- Cesteiras ( rúa das Cesteiras)
9.- Mercado ( praza da Constitución)
10.- Centro de documentación e recursos feministas . Biblioteca Central ( rua Joaquin Yáñez,6)
11.- Olimpia Valencia López ( rúa do Príncipe, 11)
12.- Rosario Hernández: A Calesa ( rúa do Príncipe ,44)
13.- Urania Mella. Marco ( antiga cadea de Vigo, rúa do Príncipe)
14.- espazo contra a violencia de xénero ( rúa Ronda de Don Bosco)
15.- Pedagogas e educadoras ( rúa Concepción Arenal,6): Concepción Arenal, Ernestina Otero Sestelo e Antía Cal.

Cuando quiera volver a los titulares de las noticias pulse la tecla 0.