Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Actividades: "Día Sen Coche" (Semana Europea da Mobilidade)

Ata o 22-09-2016

Actividades Museo Marco, Farola de Urzáiz e Porta do Sol

Horario:

Dende as 11:30-14:00 ata as 16:30-19:30

Gratuita

POR UNHA MOBILIDADE INTELIXENTE: UNHA ECONOMÍA FORTE

Vigo celebra o dia 22 de setembro o “Día Sen Coche” con decenas de actividades y numerosas charlas, que se desenvolverán na Rúa do Príncipe, dende A Farola ata a Porta do Sol, en horario de 11:30 a 14:00 horas pola mañá e de 16:30 a 19:30 horas polo serán, no marco da Semana Europea da Mobilidade.

- PROGRAMA DE ACTIVIDADES E CHARLAS DO DIA 22 DE SETEMBRO - NA RÚA DO PRÍNCIPE, DENDE A FAROLA ATA PORTA DO SOL:

- POLA MAÑÁ: A partir das 11,30 horas.

- Presentación da S.E.M. Vigo – 2016 e Exposición de vehículos eléctricos, bicicletas, vehículos de mobilidade reducida, etc. .

* Actividades na rúa: durante toda a xornada:

Probas de vehículos eléctricos e bicicletas.

Circuito de Mobilidade Reducida: “Ponte no meu lugar” - Cogami.

Circuito de Habilidade – Gymcana Clube Ciclista Teis.

Circuito de Aprendizaxe a Montar en Bici – Clube Ciclista Vigués.

Circuito de Educación Vial – Fundación Óscar Pereiro.

* Charlas na rúa: Dende as 11,30 horas e até as 14 horas.

• 1ª charla: “A Semana Europea da Mobilidade” - FAIMEVI.

• 2ª charla: “O Vehículo Eléctrico” - CTAG.

• 3ª charla: “A Seguridade do Peón” - POLICÍA LOCAL-SEGURIDADE VIAL.

- POLO SERÁN: A partir das 16:30 horas.

– Actuación do Grupo de Danza “ Grow As Ohana ”.

* Actividades na rúa: Continuación das actividades da mañá.

* Charlas na rúa: Dende as 17,30 horas e até as 19,30 horas:

• 1ª charla: “Educación Vial. O respeto para unha mobilidade compartida. Ponente: D. Oscar Pereiro da Fundación Óscar Pereiro.

• 2ª charla: “Accesibilidade Urbana para todos. As barreiras arquitectónicas”. Ponente: D. Alexandre Mouriño-Arquitecto, e Dña. Luisa Miranda -Cogami.

• 3ª charla: “A Bicicleta, un mundo de posibilidades”. EUROVELO, Europa coa Bici. Ponentes: D. José Manuel Suarez-AGDP; D. José Manuel Caetano- Presidente da Federación Portuguesa de Cicloturismo e Utilizadores da Bicicleta. FPCUB

– GRATUIDADE NAS LIÑÁS DO AUTOBÚS URBANO: H - H1 - H2, E TAMÉN SERÁN GRATUITAS PARA OS USUARIOS QUE ACCEDAN NAS PARADAS DO HOSPITAL ALVARO CUNQUEIRO AS LIÑAS: L6 - L12-B - L18.

– COLOCACIÓN DUN BUZÓN PARA RECOLLIDA DE SUXERENCIAS SOBRE MOBILDADE.

– REALIZACIÓN DUNHA ENQUISA SOBRE A SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE.

– AS 19.30 HORAS - PECHE DA XORNADA: PERCORRIDO DE TODOS OS VEHÍCULOS PARTICIPANTES NA EXPOSICIÓN POR ALGUNHAS RÚAS DA CIDADE.

 
 

Concello de Vigo

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono Concello de Vigo: 010 - 986810100