Volver á paxina principal

Festas de Verán de Vigo 2008

Martes, 22 de Xullo de 2008 [23:00] Concerto: Pereza + Stereotipos(teloneiros)

  • Lugar: Auditorio de Castrelos
  • Horario: 23,00 horas
  • Prezo: Prezo da entrada, 10 euros anticipada, 12 en taquilla. Puntos de venta: www.servinova.com, 902 504 500 e Gong Discos.
  • Datas: 22/07/2008
  • Os madrileños Pereza presentarán en Vigo o seu novo traballo Aproximaciones, un disco co que a banda deu un salto cualitativo que os colocou na primeira liña do panorama musical nacional. O grupo nace en 1999 como unha banda de versións pero grazas á aposta de un cazatalentos, que asistira a un dos seus concertos, os irmáns Rubén e leiva comezan a dar pasos firmes no mercado musical. Pereza, (2001), Algo para cantar (2003), Animales (2005) e Los amigos de los Animales (2006) confirman a boa traxectoria deste grupo que xa forma parte da xeración de artistas como Deluxe, Amaral ou Sidonie.

Mércoles, 23 de Xullo de 2008 [22:30] Concerto: Roger Hodgson

  • Lugar: Auditorio de Castrelos
  • Horario: 22,30 horas
  • Prezo: Prezo da entrada, 10 euros anticipada e 12 euros en taquilla. Puntos de venta: www.servinova.com, 902 504 500 e Central de Espectáculos. Cadeiras sen numerar.
  • Datas: 23/07/2008
  • Como actuación invitada, subirá ao escenario o gaiteiro Carlos Nuñez, para interpretar un tema que compuseron xuntos hai uns anos

    Roger Hodson é un dos cantautores máis apreciados dos nosos días. Foi un dos fundadores de Supertramp, grupo ao que pertenceu dende a súa formación en 1969 ata o ano 1983, e compuxo os maiores éxitos da banda, como Give a little bit, The logical song, Dreamer, Take the long way home, ou It’s raining again. Un ano despois de abandonar Supertramp produce e realiza os arranxos do seu primeiro disco en solitario, In the eye of the storm, no que toca practicamente todos os instrumentos, excepto nalgúns poucos temas. En tan só un mes foi disco de platino en Canadá. En 1987, na mesma semana que se publicaba o seu segundo disco en solitario, Hai hai, Roger tivo un accidente co que se rompeu as dúas mans. Pese a que os médicos lle dixeron que non podería volver a tocar, tras un largo período de recuperación, demostrou que estaban equivocados. Aínda así, tiveron que pasar dez anos antes de que vise a luz o seu seguinte álbum, un concerto en directo titulado Rites of passage, no que participou o seu fillo Andrew. Xa no 2000, Hodgson publicou Open the door, o seu primeiro disco gravado en estudo en catorce anos.

Mércoles, 30 de Xullo de 2008 [23:00] Concerto: Rubén Blades

  • Lugar: Auditorio de Castrelos
  • Horario: 23,00 horas
  • Prezo: Prezo da entrada, 10 euros anticipada e 12 euros en taquilla. Puntos de ventas www.servinova.es, 902 504 500, Central de Espectáculos. Cadeiras sen numerar.
  • Datas: 30/07/2008

  • Rubén Blades, o protagonista da salsa intelectual e cantautor, músico, actor, avogado e político panameño, desenvolveu a meirande parte da súa traxectoria en Estados Unidos. Dende os anos 70 ata a actualidade ten gravado máis de vinte discos e participou como convidado en 15 gravacións con varios artistas de distintos xéneros e tendencias. Na súa faceta como actor, Blades estivo en diversas produccións de Hollywood e tamén en traballos independentes. O seu labor foi recoñecido con seis premios Grammy. No 2007, Baldes iniciou unha etapa interactiva, amosándose próximo á xente nun programa via Podcast chamado El Sohow de Rubén Blades SDBR, realizado en Panamá, e no que fai comentarios sobre novas bandas e resposta ás preguntas dos internautas.

Sábado, 02 de Agosto de 2008 [23:00] Concerto: La Quinta Estación

  • Lugar: Auditorio de Castrelos
  • Horario: 23,00 horas
  • Prezo: Prezo da entrada, 10 euros anticipada, 12 en taquilla. Puntos de venta: www.servinova.com, 902 504 500 e Central de Espectáculos.
  • Datas: 02/08/2008
  • La Quinta Estación é un grupo de música rock pop, de membros españoles, actualmente composto por tres músicos madrileños: Natalia Jiménez, Ángel Reyero e Pablo Domínguez.

Mércoles, 06 de Agosto de 2008 [22:30] 1º Festival Internacional de rede Europea de orquestras de folk

  • Lugar: Auditorio de Castrelos
  • Horario: 22,30 horas
  • Datas: 06/08/2008
  • Orquestra Transpiradansa (Bélxica) e Verónica Codesal. Orquestra Gabú (Guinea Bissau) e Nino Galissa. Prezo das entradas, 6 euros anticipada, 8 euros en taquilla. Puntos de venta: www.servinova.com, 902 504 500 e Central de Espectáculos. Cadeiras sen numerar.

    Imáxe do Solista Nino Galissa

Xoves, 07 de Agosto de 2008 [22:30] 1º Festival Internacional da Rede Europea de Orquestras de folk.

  • Lugar: Auditorio de Castrelos
  • Horario: 22,30 horas
  • Datas: 07/08/2008
  • Orquestra Sondeseu e solistas Anxo Pintos e outros. Orquestra An Avel (Bretaña) e solistas Jackie & Dominig Molard. Prezo das entradas, 6 euros anticipada, 8 euros en taquilla. Puntos de venta: www.servinova.com, 902 504 500 e Central de Espectáculos. Cadeiras sen numerar.

Venres, 08 de Agosto de 2008 [22:30] Concerto: Música de "Dúas Beiras". Coral Casablanca e Orquestra

  • Lugar: Auditorio de Castrelos
  • Horario: 22,30 horas
  • Datas: 08/08/2008
  • Entrada con invitación. Recollida no departamento de Animación Sociocultural da Concellería de Cultura. Cadeiras sen numerar.

Sábado, 09 de Agosto de 2008 [22:30] II Certame Orfeóns de Corais de vigo

  • Lugar: Auditorio de Castrelos
  • Horario: 22,30 horas
  • Datas: 09/08/2008

Sábado, 16 de Agosto de 2008 [22:30] Concerto: Siniestro Total + Narf (Teloneiros)

  • Lugar: Auditorio de Castrelos
  • Horario: 22,30 horas
  • Prezo: Prezo das entradas, 6 euros anticipada, 8 euros en taquilla. Puntos de venta: www.servinova.com, 902 504 500 e Central de Espectáculos.
  • Datas: 16/08/2008
  • Siniestro Total é o nome dun grupo galego de música punk-rock formado en Vigo (Galicia, España) en 1981 por Julián Hernández, Alberto Torrado, Miguel Costas e Germán Coppini aunque, tras pasar por diversas formacións, na actualidade está integrado por Julián Hernández, Javier Soto, Óscar G. Avendaño, Ángel González e Jorge Beltrán.

Sábado, 23 de Agosto de 2008 [22:30] Concerto: El Canto del Loco

  • Lugar: Ifevi
  • Horario: 22,30 horas
  • Prezo: Prezo único das entradas, 26 euros. Puntos de venta: www.servinova.com e 902 504 500.
  • Datas: 23/08/2008
  • Traen a Vigo o seu último álbum "Personas"
    Un disco intimista que significa o punto de inflexión na súa carreira musical