Volver á paxina principal

Festas do Cristo da Victoria 2006

El Sueño de Morfeo

Venres, 07 de Xullo de 2006 [23:00] Concerto "El Sueño de Morfeo" e Quatro de Abril

  • Lugar: Auditorio de Castrelos
  • Prezo: 5 euros.
  • Datas: 07/07/2006
  • El Sueño de Morfeo é un grupo formado por Raquel del Rosario (voz), Juan Luis Suárez e David Feito (guitarra). Dende Asturias, o trío leva varios anos traballando para elaborar cancións de sólidas estruturas pop-rock aderezadas con fortes aromas folk. Antes de que a voz feminina chegase ao grupo, Juan Luis e David levaban un tempo compoñendo e tocando xuntos en diversos grupos na súa Asturias natal. Raquel deixou o seu lugar de nacemento, Gran Canaria, con só 18 anos, decidida a probar sorte en Asturias. Alí uniuse a Juan Luis e David para formar El Sueño de Morfeo. O seu primeiro tema, "Nunca volverá", lanzoulles ás listas de éxitos de toda España, e a súa popularidade creceu enormemente, sobre todo tras aparecer na serie de televisión "Los Serrano". O grupo caracterízase por unha especial forma de arranxar os seus propios temas, baseándose na peculiar voz de Raquel e na forza dun grupo rockeiro para combinar sons de instrumentos tan atípicos como a gaita. O primeiro disco do trío, chamado coma eles, El Sueño de Morfeo, editouse en 2005 e foi un auténtico fenómeno de vendas en toda España.

    Máis información na súa web oficial

Franz Ferdinand

Xoves, 20 de Xullo de 2006 [22:00] Concerto de Franz Ferdinand, Delorean e Femme Fatale

  • Lugar: Auditorio de Castrelos
  • Prezo: Prezo venda anticipada: 12 euros.
    Prezo despacho: 15 euros.
  • Datas: 20/07/2006
  • Delorean é unha banda formada en Zarautz (Guipuzcoa) no ano 2000 por Tomás Palomo (guitarra e teclados), Ekhi Lopetegui (baixo e voces), Unai Lazkano (guitarra e teclados) e Igor Escudero (batería). Nacen como grupo pop, pero axiña o seu amor polos sintetizadores levaralles a percorrer novos camiños.

    Rodeados dun halo de perigo e misterio, Femme Fatale consagráronse en España co seu segundo disco, Femme Fatale, cheo de electro rock e electrónica escura e sexy, que lembra a Goldfrapp ou mesmo a Depeche Mode.

    En 2004, os escoceses Franz Ferdinand convertíronse na meirande esperanza musical británica co seu disco homónimo, Franz Ferdinand. Co segundo cd entraron directamente ao número un en Gran Bretaña e ao oito en USA. En España, os seus discos foron elixidos entre os mellores de 2004 e 2005 nas principais revistas especializadas.

    Máis información

Sábado, 22 de Xullo de 2006 [22:30] Concerto de Ana Torroja "La fuerza del destino"

  • Lugar: Auditorio de Castrelos
  • Prezo: Prezo venda anticipada: 6 euros.
    Prezo despacho: 8 euros.
  • Datas: 22/07/2006
  • Só "La Fuerza del Destino" podía facer que as míticas cancións Mecano volvesen ser cantadas pola inconfundible voz que as deu a coñecer, un signo de identidade co que se converteron en auténticos himnos en diversas partes do mundo. Ninguén endexamais cantará esas cancións como Ana Torroja, a voz de Mecano. Agora, tras catorce anos sen interpretar en directo un concerto completo con esas cancións, Ana quere ofrecerlle ao público un repertorio cento por cento Mecano. É "La Fuerza del Destino", un tour internacional que se estrenará en España con citas estelares como Granada (Praza de Toros, 16 de xullo), Vigo (Auditorio de Castrelos, 22 de xullo), Barcelona (Palau Sant Jordi, 7 de setembro) e Madrid (Arena, 15 de setembro).

Sábado, 29 de Xullo de 2006 [23:00] Concerto Coral Casablanca

  • Lugar: Auditorio de Castrelos
  • Prezo: CONCERTO GRATUITO
  • Datas: 29/07/2006
Pet Shop Boys

Martes, 01 de Agosto de 2006 [22:45] Concerto de Pet Shop Boys e Cat People

  • Lugar: Auditorio de Castrelos
  • Prezo: Prezo venda anticipada: 12 euros.
    Prezo despacho: 15 euros.
  • Datas: 01/08/2006
  • Os británicos Pet Shop Boys non precisan presentación. Son unha das bandas británicas máis influentes de tódos os tempos, dende que se formaron en 1981. Neil Tennant e Chris Lowe editaron o seu primeiro disco sen moito éxito, pero unha das súas cancións, "West end girls", cambiará as tornas, levándoos ao número un das listas británicas. O resto foi xa unha carreira exitosa, na cal o dúo británico se converteu nun dos grandes nomes do pop. E por moitos anos, xa que este 2006, en maio, catorce anos despois de unirse, Pet Shop Boys editaron "Fundamental", o seu noveno álbum de estudio. Inclúe 11 temas novos e un, "Numb", escrito por Diane Warren. Para este traballo, Pet Shop Boys contou coa colaboración do produtor Trevor. Neste traballo, as cancións tratan sobre temas polémicos, como a implantación do DNI no Reino Unido a e guerra e o terrorismo. O seu primeiro single, "I’m with stupid", está inspirado na relación entre Tony Blair e George Bush, creando unha sátira sobre a relación entre ambos. O traballo foi recibido cunhas excepcionais críticas, en medios tan prestixiosos como Rolling Stone, ou EP3 (EL País).

    Chegan a Castrelos os primeiros vigueses, Cat People, grupo formado tras un encontro casual entre Adrián Pérez, o vocalista, e Fito Rodríguez, o baixista, no 2002 no festival Santi Rock. Tras atopar batería e guitarra, Cat People acaba de nacer. O seu primeiro traballo ve a luz no 2005, cunha maqueta de presentación elixida por Mondosonoro como a segunda mellor de todo o ano. Grazas a ela gravan o seu primeiro disco, "Reel #1", cheo de sons contemporáneos, cunha calidade atípica nun primeiro traballo.

Mércoles, 02 de Agosto de 2006 [22:30] Concerto de Helloween

  • Lugar: Auditorio de Castrelos
  • Prezo: Prezo venda anticipada: 6 euros.
    Prezo despacho: 8 euros.
  • Datas: 02/08/2006
  • A fusión de metal con outros sons son a firma de Helloween, uns dos reis do "heavy metal" mundial. A banda formouse en 1979 en Hamburgo, pero será no 1981 cando Helloween naza, e no 1984 editarán o seu primeiro disco, "Walls of Jericho". O traballo que os vai consagrar será "Keeper of seven keys Part I", editado en 1987. Da formación orixinal aínda resisten o guitarrista Weikath e o baixista Grosskopt, mentres que o vocalista Andi Deris leva máis dunha década con eles. Agora chegan a Vigo tras editar a finais de 2005 "Keeper Of The Seven Keys. The Legacy", un traballo que ten todos os elementos que caracterizan ó grupo: velocidade, hard rockeiros, melodía, exquisitas composicións, voces e coros, etc. Unha cita ineludible para os amantes do rock máis duro.

    Máis información na súa web oficial.

Auditorio de Castrelos

Sábado, 12 de Agosto de 2006 [22:00] Concerto "La Gira de los Cien Años"

  • Lugar: Auditorio de Castrelos
  • Prezo: CONCERTO GRATUITO
  • Datas: 12/08/2006
  • Estrella Galicia celebra este ano o seu centenario cun programa de concertos por toda Galicia, cheo de sorpresas e agradables encontros. Todos os grupos son galegos, e algúns coinciden sobre o escenario por vez primeira. Grupos como Deluxe, Cómplices, Los Limones, Los Suaves, Kannon, The Killer Barbies, Miguel Costas y Silvia Superstar, Siniestro Total ou Semen Up forman parte da xira, que percorrerá toda Galicia. Ademáis, Teo Cardalda brindará un concerto exclusivo en Vigo, con algúns dos seus amigos, como Juan Rivas e Iván Ferreiro, lembrando o repertorio de Golpes Bajos.