Actualidade: Axenda
- Xoves 29/07/2010
- "Vigo Pleamar. Instalación Máximal Aérea" (09:00)
- VERBUM Casa das Palabras (10:00)
- Exposición: "O Libro de Artista como Colector de Ideas" (10:00)
- Cat, Centro de Artesanía Tradicional: Obradoiros de verán 2010 (10:00)
- O concelleiro de Cultura, Xesus López, presenta o Marisquiño. (10:30)
- A concelleira de Benestar Social, María Méndez, visita as actividades interxeneracionais de verán ao aire libre. (10:30)
- Avance Programación Actos e Exposicións 2010 do Marco (11:00)
- Exposición: "Voando cara á terra" (11:00)
- Exposición 89 Km. Colección CGAC (11:00)
- A concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, recibe aos rapaces e rapazas de Italia, Dinamarca, Eslovaquia e Chipre que participan no intercambio Vigo´ing Together! (11:00)
- NATURNOVA (11:30)
- A Fundación Barrié ampliou a súa colección de pintura internacional con 21 novas adquisicións de 18 artistas (12:00)
- Obradoiros infantís de verán no Marco (12:00)
- O tenente de alcalde, Santi Domínguez, realiza unha visita institucional á Universidade de Vigo e mantén unha xuntanza co reitor Salustiano Mato. (12:15)
- Exposición "Anticuerpos". Obras de Fernando & Humberto Campana 1989–2009, del Vitra Design Museum de Alemania (17:30)
- Fundación Laxeiro (18:00)
- Programación Audiovisual: Ciclo Cine (19:00)
09:00 "Vigo Pleamar. Instalación Máximal Aérea"
- Lugar: Xardíns da Alameda
- Horario: Horario libre
- Datas: Ata ó 15/08/2010
- Lugar: Avda. de Samil, 17
- Horario: Martes a domingo de 10:00 a 19:00h.
- Prezo: 3 euros.
Grupos, pensionistas, carné xove e infantís de 7 a 14 anos: 1 euro. Gratuita para menores de 7 anos e mestres non universitarios. - Datas: Permanente
- Lugar: Museo Verbum, Casa das Palabras
Avd. Samil 17 - Horario: De 10 a 19 horas
- Datas: Ata ó 29/08/2010
- Lugar: No CAT Centro de Artesanía Tradicional. Rúa Subida ao Castelo, 10 VIGO
- Horario: De 10:00 a 13:30 horas
- Prezo: Gratuítos
- Datas: Ata ó 12/08/2010
- Datas: 29/07/2010
- Datas: 29/07/2010
- Lugar: Marco, Museo de Arte Contemporánea
Rúa do Príncipe 54 - Horario: Martes a Sábado: 11,00 a 21,00 horas.
Domingo: 11,00 a 15,00 horas
Luns: pechado - Datas: Ata ó 30/11/2010
- Lugar: Primeiro andar do Marco, Museo de Arte Contemporáneo
Rúa do Príncipe 54 - Horario: martes a sábados de 11.00 a 21.00
domingos de 11.00 a 15.00
Luns pechado - Datas: Ata ó 29/08/2010
- Lugar: Planta baixa do Marco. Museo de Arte contemporáneo
- Horario: De martes a sábados (festivos incluídos), de 11.00 a 21.00
domingos, de 11.00 a 15.00 - Datas: Ata ó 19/09/2010
- Datas: 29/07/2010
- Lugar: Centro Social Caixanova Policarpo Sánz, 26.
- Horario: Martes a Venres de 17:00 a 21:00 h.
Sábados, Domingos e Festivos de 11:30 a 14:30 e de 17:00 a 21:00h. - Prezo: Entrada xeral 3 euros.
Pensionistas, estudiantes e desempleados 2 euros.
Grupos (mínimo 10 personas) 1 euro. - Datas: Permanente
- Lugar: Fundación Pedro Barrié de la Maza
Policarpo Sanz 31 - Horario: De martes a domingo, festivos incluidos: 12 a 14 e 18 a 21h
- Datas: Permanente
- Lugar: Marco Museo de Arte Contemporáneo. Laboratorio das Artes
Rúa do Príncipe - Horario: De martes a venres, de 12.00 a 14.00
- Prezo: ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA (ata completar un máximo de 40 participantes por sesión)
Hora límite de entrada: ás 12.15 - Datas: Ata ó 30/07/2010
- Datas: 29/07/2010
- Lugar: Fundación Pedro Barrié de la Maza
Policarpo Sanz 31 - Horario: De martes a viernes: 17.30h - 21.30h / Fines de semana y festivos : 12h - 14h y 17.30h - 20.30h
Horario para visitas concertadas:
De martes a viernes: 11h - 14h y 17.30h - 21.30h - Prezo: Entrada gratuita
- Datas: Ata ó 26/09/2010
- Lugar: Casa das Artes Rúa Policarpo Sanz 15
- Horario: De luns a venres de 18:00h a 21:30h
Sábados de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:30h
Domingos e festivos de 11:00 a 14:00h - Prezo: ENTRADA GRATUITA
- Datas: Permanente
- Lugar: Salón de Actos do Marco, Museo de Arte Contemporánea
- Horario: 19:00 horas
- Prezo: Entrada gratuíta ata completar aforo
- Datas: Ata ó 30/07/2010
ORGANIZA:
Concellería da Área de Cultura e Animación Sociocultural do Concello de Vigo xunto coa Asociación Cultural Fundición Nautilus, a partir dunha idea e deseño do artista Xosé Guillermo.
Os elementos que compoñen a instalación foron realizados no "Obradoiro de reciclaxe artística" que tivo lugar na Casas das Artes de Vigo do 19 de abril ao 21 de maio, mesturando técnicas para transformar material de refugallo en esculturas; partindo de caixas de cartón, recortes de plástico, botellas, chapas, etc. A instalación estará integrada por cerca de cincocentos elementos dos seguintes modelos: Papóns, medusas, raias, nautilos, "Nautilus", tabeiróns, golfiños, sereas, nenos, nenas, cabaliños de mar, sardiñas, xurelos, peixiños, funámbulos, piratas, latas de conserva, chaves de tren, parafusos, porcas, barcos, gaivotas, instrumentos musicais, coches...
As instalacións maximais da Fundición Nautilus constitúen unha intervención estética e simbólica no espazo público que dificilmente pasa inadvertida para o cidadán ou o visitante da cidade. Isto é aínda máis certo no caso de VIGO PLEAMAR, pola extensión da instalación, así como polo lugar emblemático e central que ocupará na cidade.
Esta pleamar, trae dende os fondos mariños os seus habitantes: animais: peixes, medusas, arroaces; trobadores, nenas e nenos, fantásticos personaxes das cantigas de Martín Códax, sereas, piratas e así como tamén chegan obxectos saídos dos estaleiros como porcas, chaves e engrenaxes, coches e barcos; a Fundición Nauitilus tamén rescata do fondo dos contedores industriais e residenciais os materiais de reciclaxe.
-Díptico
10:00 VERBUM Casa das Palabras
TELÉFONO: 986240130
VERBUM é un museo interactivo sobre tódolos ámbitos relacionados coa comunicación humana, diseñado como un espacio cultural, lúdico e divulgativo no que se pode participar dun modo activo nos elementos expositivos.
Máis información en www.verbum.vigo.org
10:00 Exposición: "O Libro de Artista como Colector de Ideas"
Exposición comisariada por Paula Mariño
O libro de artista pode definirse como unha forma de arte do século XX, que forma parte de todos os movementos importantes, e o que o define é a IDEA. Aínda así é difícil acadar unha única definición e a súa popularidade actual débese á
flexibilidade no formal dun libro máis que a factores estéticos e redefine unha especie de zona de actividades que abarca distintas disciplinas, materiais e idea.
As incribles posibilidades conceptuais e formais para redefinir un libro de artista toman calquera forma, calquera grao de inspiración de diversas actividades do mundo da arte. É un xénero singular e pouco atado por limitacións de medio ou de forma, do mesmo xeito que calquera medio de expresión na actualidade, e atópase nestes momentos en terra de ninguén,
necesitando descrición e atención crítica que explique a súa especificidade.
10:00 Cat, Centro de Artesanía Tradicional: Obradoiros de verán 2010
Para nenos de 7 a 16 anos
INFORMACIÓN XERAL
Onde se impartirán os obradoiros
No CAT Centro de Artesanía Tradicional. Rúa Subida ao Castelo, 10 VIGO
Como apuntarse
Enviando o boletín de inscrición ao CAT por correo ou fax ao número 986220758, ou a través do formulario de inscrición en www.cat.vigo.org
Os obradoiros son gratuítos.
Prazo de inscrición
Estará aberto ata cubrir prazas. A selección do alumnado estará marcado pola orde de entrada de solicitudes, establecéndose unha lista de espera.
Lista de admitidos
Unha vez cubertas as prazas dos diferentes obradoiros, a lista de alumnos/as
seleccionados/as será exposta no CAT e na WEB ww.cat.vigo.org
Programa:
OBRADOIROS
MANS PARA QUE VOS QUERO...
Este obradoiro quere introducir aos máis novos/as no mundo da cestería tradicional cun dobre obxectivo: aprender de xeito didáctico as técnicas básicas do oficio de cesteiro, e concienciar de cara á protección deste patrimonio, que tivo especial relevancia na nosa cidade ata hai uns anos.
Durante un mes os participantes coñecerán como se facían obxectos básicos para vida cotiá de hai un século co simple tecido manual do vimbio, e terán a oportunidade de traballar con Antonio Suárez Davila, o mestre cesteiro do CAT.
A quen vai dirixido
A rapaces/as de 7 a 16 anos que queiran aprender como se facían obxectos da vida cotiá en vimbio hai 100 anos
Datas e horario:
Quenda 1: martes e xoves, do 1 ao 29 de xullo, de 10:00h a 13:30h
Quenda 2: martes e xoves, do 3 ao 31 de agosto, de 10:00h a 13:30h
No de prazas:
Quenda 1: 7
Quenda 2: 7
XOGUETES DE HAI 100 ANOS
Cando non existían os ordenadores os nenos e nenas saían á rúa a xogar. Con apenas uns poucos materiais realizaban enxeños cos que xogaban durante horas.
Este obradoiro quere recuperar un xeito de divertirse que precisa das nosas ganas de pasalo ben e dun pouco de habilidade para seguir as instruccións de Chus Barreiro e Belén Alonso á hora de traballar con materiais como a madeira, tecidos, pinturas e material reciclado.
A quen vai dirixido
A nen@s e moz@s de 8 a 12 anos que queran aprender a elaborar o seu propio xoguete.
Datas e horario:
Martes e xoves, do 6 de xullo ao 12 de agosto, de 10:00h a 13:30h
No de prazas: 7
PERSONALIZA A TÚA ROUPA
Por primeira o CAT organiza un obradoiro que combina tradición e contemporaneidade.
Tradición porque a base fundamental do mesmo vai a ser o traballo manual, e
contemporaneidade porque os participantes van a crear con materais actuais prendas de vestir.
Datas e horario:
Luns, mércores e venres, do 16 de agosto ao 10 de setembro, de 10:00h a 13:30h
No de prazas: 7
Cando non existían os ordenadores os nenos e nenas saían á rúa a xogar. Con apenas uns
poucos materiais realizaban enxeños cos que xogaban durante horas.
Este obradoiro quere recuperar un xeito de divertirse que precisa das nosas ganas de pasalo
ben e dun pouco de habilidade para seguir as instruccións de Chus Barreiro e Belén Alonso á
hora de traballar con materiais como a madeira, tecidos, pinturas e material reciclado.
A quen vai dirixido
A nen@s e moz@s de 8 a 12 anos que queran aprender a elaborar o seu propio xoguete.
Datas e horario:
Martes e xoves, do 6 de xullo ao 12 de agosto, de 10:00h a 13:30h
No de prazas: 7
10:30 O concelleiro de Cultura, Xesus López, presenta o Marisquiño.
Sala de prensa.
10:30 A concelleira de Benestar Social, María Méndez, visita as actividades interxeneracionais de verán ao aire libre.
Calvario (no contorno do Mercado).
11:00 Avance Programación Actos e Exposicións 2010 do Marco
11:00 Exposición: "Voando cara á terra"
Proxecto gañador Premio MARCO/FRAC Lorraine para novos comisarios
Comisario: Inti Guerrero
Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo / FRAC Lorraine, Metz, Francia
Esta exposición reúne traballos de artistas que abordan procesos e formas de relixiosidade en relación coa política, a memoria colectiva e a cultura popular dos seus contextos. VOANDO CARA Á TERRA formula un diálogo entre pezas que tanto comparten un acto de iconoclastia como describen o modo en que as crenzas relixiosas aínda se trasladan ás xerarquías sociais, á idiosincrasia e imaxinarios das persoas. Ademais de obras en vídeo, instalacións e fotografías, a mostra inclúe tamén a curtametraxe Film, do director Alan Schneider, baseado nun guión de Samuel Beckett.
Unha vez clausurada en Vigo, a exposición viaxará a FRAC Lorraine, onde poderá verse dende o 23 de setembro de 2010 ata o 2 de xaneiro de 2011.
ARTISTAS
Marilyn Bridges, Flávio de Carvalho, Taller E.P.S. Huayco, Cristina Lucas, Ossama Mohammed, Valérie Mréjen, José Alejandro Restrepo, Alan Schneider/Samuel Beckett, Mona Vătămanu & Florin Tudor, Alexandre Vogler
11:00 Exposición 89 Km. Colección CGAC
O persoal de salas está a disposición dos visitantes para calquera consulta ou información relativa á exposición, ademais das visitas guiadas habituais:
Todos os días ás 18.00
Visitas ‘á carta’ para grupos, previa cita no tel. 986 113900/11
COPRODUCIÓN
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo / CGAC, Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela
COMISARIA
Virginia Torrente
A mostra 89 Km. Colección CGAC presenta, por primeira vez en Vigo, unha selección da que é, sen dúbida, a colección de arte contemporánea máis importante de Galicia: os fondos do Centro Galego de Arte Contemporánea.
O CGAC alberga, ademais da súa colección propia, os fondos da Colección Fundación ARCO, que se atopa en depósito no centro galego. Ambas as dúas coleccións son obxecto dunha relectura levada a cabo por Virginia Torrente, comisaria independente, que seleccionou un conxunto de pezas en gran parte descoñecidas para o público, nunha das posibles e múltiples lecturas que se poderían realizar desta colección. O título da mostra, "89 Km.", fai referencia á distancia existente entre Santiago e Vigo, que durante tres meses se converte nun percorrido de ida e volta para as obras.
A montaxe das obras nas salas do MARCO estrutúrase en eixes temáticos, como un relato en seis capítulos, que atopa a súa correspondencia nos espazos da planta baixa
11:00 A concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, recibe aos rapaces e rapazas de Italia, Dinamarca, Eslovaquia e Chipre que participan no intercambio Vigo´ing Together!
Galería da Alcaldía.
11:30 NATURNOVA
TELÉFONO: 986120088
A pretensión deste espacio para a educación medioambiental é tratar de axudar a concienciar á sociedade da importancia do mantemento do entorno, enfocando esta actividade principalmente hacia os sectores de poboación máis xóvenes. Para iso dotouse de medios suficientes para a realización das distintas actividades nas mellores condicións, como talleres, laboratorio, aulas de formación, biblioteca, videoteca, etc.
A exposición Naturnova consta de 37 módulos organizados en tres áreas temáticas: O universo, A Biosfera, e O Home e o Medio.
Naturnova ou Centro Interactivo de Educación Medioambiental serve como guía de reflexión sobre os efectos das actividades humanas sobre o ecosistema e as súas posibles solucións.
Tamén mostra o Sistema Solar en movemento, o fondo da Ría a bordo dun submarino, un vpo virtual sobre Galicia, xogos de ordenador, ... En Naturnova o protagonista activo é o visitante.
12:00 A Fundación Barrié ampliou a súa colección de pintura internacional con 21 novas adquisicións de 18 artistas
Trátase de obra dos artistas Jessica Stockholder, Shinique Smith, Joãou Penalva, Manuel Caeiro, Gil Heitor Cortesãou, Gerardo Burmester, Albano Afonso, Manuel Vilariño, José Pedro Croft, Perejaume, Ignasi Aballí, Fachendoso González, Rita Magalhãé, Simeón Saiz Ruiz, Teo Soriano, Tracey Moffatt, Yves Oppenheim e Helmut Dorner.
A Fundación abre así o terceiro ano da súa colección de pintura contemporánea incorporando algúns artistas que traballan sobre a historia da pintura desde outros soportes como a fotografía ou a instalación.
Obra de Yves Oppenheim
-Documento Informativo (pdf)
12:00 Obradoiros infantís de verán no Marco
Para nenos/as a partir de 3 anos, sós ou acompañados de persoas adultas.
12:15 O tenente de alcalde, Santi Domínguez, realiza unha visita institucional á Universidade de Vigo e mantén unha xuntanza co reitor Salustiano Mato.
Declaracións aos medios: Edificio Miralles, sala II, campus de Lagoas-Marcosende.
17:30 Exposición "Anticuerpos". Obras de Fernando & Humberto Campana 1989–2009, del Vitra Design Museum de Alemania
A mostra divídese entre as sedes de Vigo (catro áreas) e a da Coruña (cinco áreas), nunha proposta complementaria que destaca a variedade formal das obras á vez que mantén a transparencia do proceso de deseño. A exposición componse de ao redor de 70 mobles, 13 lámpadas, 8 pezas de xoiería e vestidos, 50 obxectos do fogar, 20 obxectos de arte, 1 maqueta de arquitectura, 25 obxectos coleccionados polos mesmos Campá, 4 películas, unha serie de diapositivas e unha decena de fotografías.
"Anticuerpos".Obras de Fernando & Humberto Campana 1989-2009 destaca os trazos dunha obra cuxa preocupación pola reciclaxe, a fusión entre materiais naturais e artificiais, e a simultaneidade de culturas, esboza unha fascinante imaxe dos nosos tempos. Dende os seus inicios ata a actualidade, a súa obra percorreu un sendeiro estreito entre o deseño e a arte pura, xerando unhas incribles colaxes de obxectos e materiais. Nas súas propias palabras, "é unha especie de galanteo co material, que se presenta e nos pregunta: en que me podedes converter? Na nosa obra, é o material que determina tanto a forma coma a función. "
A exposición polo tanto dedica especial atención á forma de traballar dos irmáns Campá, que mostra diversas influencias de variadas fontes de inspiración -a frondosa natureza das selvas tropicais brasileiras, a improvisación dos vendedores na rúa, as chozas das favelas, o cine, a música e as belas artes-. Documéntase tanto o xeito en que se organiza o seu propio taller e a colaboración con outros talleres externos e empresas internacionais coma Alessi, Edra ou Vitra coma o traballo interdisciplinar dos seus proxectos máis recentes.
Para acompañar esta mostra retrospectiva da súa obra, a máis ampla ata a data, e que contén un gran número de prototipos, estudos e maquetas que se exhiben por primeira vez en público, a exposición presenta varias obras de arte realizadas polos irmáns Campana, ademais de películas, entrevistas e fotografías.
- Programa da Exposición
18:00 Fundación Laxeiro
Exposición Permanente na Casa das Artes
Máis información
19:00 Programación Audiovisual: Ciclo Cine
-Programación cine
Fotograma película "Quién dijo miedo"
