Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Centro de Documentación e Recursos Feministas. Programa de actividades xaneiro a xullo 2020

Ata o 31-07-2020

Centro de Documentación e Recursos Feministas. Biblioteca Pública de Vigo "Juan Compañel\". R/ Joaquin Yáñez, 6, 2 andar

Horario:

Horario do CDRF

Horario inverno: luns e venres de 10:30 a 13:30 h e martes a xoves de 16:30 a 20:30 h

Horario xullo: luns de 9:30 a 13:30h e martes a venres 10:00 a 13:30 h

O horario de cada actividade pode consultarse no díptico informativo.

Gratuíto

O Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo (CDRF), dependente da Concellería de Igualdade, é un servizo de xestión de información, documentación e materiais de traballo sobre muller, xénero e igualdade dirixido ao público en xeral ou a persoal especializado e interesado nas citadas temáticas.

O CDRF organiza desde o mes de xaneiro ata o mes de xullo de 2020 actividades como: faladoiros, presentacións de libros, club de lectura, laboratorio de lectura e escritura, espazo permanente de edición de contidos con perspectiva de xénero en Wikipedia, etc.