Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Programa Vigo arrólate! (é necesaria inscrición previa)

Ata o 04-01-2020

Ver a web snl.vigo.org

Horario:

Ver a web snl.vigo.org

Todas as actividades son gratuítas

Charlas sobre pedagoxías alternativas, educar nas emocións, tecendo soños, actividades Montessori... Obradoiros de arrolos, música contada, contos musicados son algunhas das actividades que presenta esta nova programación de "Vigo arrólate!" neste outono-inverno.

Están dirixidas a familias que acabades de ter unha ou un bebé, tendes cativos/as, ou ides adoptar; e mulleres embarazadas.

Achegamos información máis detallada das actividades e iremos anunciado na páxina web snl.vigo.org e no facebook, vigoengalego as actividades, xa que requiren inscrición previa e están limitadas a un número determinado de prazas (AS INSCRICIÓNS SERÁN TELEFÓNICAS -A MEDIDA QUE SE VAIA ABRINDO O PRAZO-, AGÁS NO VERBUM e no Auditorio do Concello QUE SERÁN CON INVITACIÓN PREVIA).

As actividades son gratuítas.

Charlas, obradoiros, actividades dirixidas a familias, bebés e mulleres embarazadas nos meses de novembro, decembro e xaneiro.