Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Romaría de San Roque - Colección de bonecas de Carmen Costas

Ata o 01-09-2019

Casa Galega da Cultura - Praza da Princesa, 2. Vigo.

Horario:

Luns a venres: de 18 a 21 horas.

Sábados: de 12 a 14 e de 18 a 21 horas.

Domingos e festivos: de 12 a 14 horas.

Con esta exposición, Carmen Costas, veciña da parroquia viguesa de Matamá, pretende realizar unha modesta homenaxe a romaría de san Roque que se celebra en Vigo, representando variadas escenas que non pertencen a un único momento cronolóxico desta, senón a diferentes períodos comprendidos entre as décadas centrais do século XIX – cando a romaría se converte nunha dos máis importantes iconas das Festas de Vigo – e as primeiras décadas do século XX.