Escudo Concello de Vigo

Actualidade

QUEN VIVE AQUÍ\". OBRADOIROS INFANTÍS DE VERÁN " (MUSEO MARCO)

Ata o 31-07-2019

Laboratorio das Artes (1 andar), Espazo Anexo e salas de exposición

Horario: martes, mércores, xoves e venres de 12:00 a 14:00 h (hora límite de entrada ás 12:15 h)

ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA ata completar aforo (máximo 50 participantes por sesión)

Fundación Marco, coa colaboración da Concellería de Cultura

Para público infantil e familiar. Nenos/as a partir de 3 anos sós ou acompañados de adultos

Durante o mes de xullo, o MARCO ofrece un programa especial de obradoiros de verán dirixidos a público infantil e familiar. Nesta ocasión, a proposta toma como base a exposición DESTACADOS, sacando partido das súas posibilidades didácticas e combinando as actividades no Laboratorio das Artes con percorridos polas salas de exposición.

Se cada sesión é independente, o programa e contidos articúlanse en torno a catro fíos temáticos: paisaxes e lugares, figuras humanas, formas e obxectos, e narracións. Entre todos estes compoñentes iremos configurando as nosas propias historias e percepcións en torno ás obras e artistas presentes en salas. Unha forma diferente de crear e compartir experiencias neste tempo estival.