Escudo Concello de Vigo

Actualidade

XOSÉ LUÍS OTERO. ATLAS DE SOIDADE [CICLO "METRÓPOLE. PERSPECTIVA URBANA DA ARTE GALEGA" IV] " (MUSEO MARCO)

Ata o 15-09-2019

MARCO, salas do primeiro andar

Horario: Martes a sábado (festivos incluidos), de 11:15 a 14:15 e de 17:15 a 20.45. Domingos de 11:15 a 14:15

Gratuíto

Fundación MARCO, coa colaboración da Concellería de Cultura

Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Comisariado: Rubén Martínez Alonso

Coa mostra de Xosé Luís Otero, a serie de exposicións METRÓPOLE, comisariada por Rubén Martínez Alonso, chega á súa cuarta etapa. Este ciclo naceu cun dobre obxectivo: facer unha viaxe ao pasado, ao Vigo dos anos vinte, cando se estreou na cidade o filme de Fritz Lang Metropolis; e a un tempo ofrecer unha visión do panorama artístico galego actual. A proposta comprende unha serie de exposicións individuais, como visión do presente, e unha parte común a todas as mostras, como referencia do pasado.

O proxecto está concibido en dúas áreas claramente diferenciadas, tanto na montaxe coma en contidos, distribuídas nos espazos do primeiro andar. A correspondente ao pasado está representada por unhas salas nas que, a partir da referencia ou homenaxe ao filme Metropolis, se procura recrear o ambiente da cidade de Vigo nesas décadas iniciais do século XX, mediante planos e imaxes de arquitectura vangardista, fotografías e documentos de época, xunto a mobiliario, obxectos, vestiario e pezas decorativas de estilo art déco.

XOSÉ LUÍS OTERO. Atlas de soidade

A proposta de Xosé Luís Otero para a cuarta achega do ciclo METRÓPOLE. Perspectiva urbana da arte galega participa das dúas disciplinas clave na formación e posterior traxectoria do artista: a pictórica e a escultórica. Así, nas súas instalacións, a paisaxe, o xénero tradicional do que bota man na pintura protoabstracta dos seus comezos, vai cobrar unha nova dimensión, convertida xa en leitmotiv dun universo con dous polos: rural e urbano.

MARCO (Museo de Arte Contemporánea)

Teléfono: 986113900

MARCO, salas do primeiro andar

Web: http://www.marcovigo.com