Escudo Concello de Vigo

Actualidade

DESTACADOS. COLECCIÓN TELEFÓNICA " (MUSEO MARCO)

Ata o 15-09-2019

MARCO, planta baixa

Horario: Martes a sábados (festivos incluídos) de 11.00 a 14:30 e de 17:00 a 21:00 Domingos de 11.00 a 14:30 Pechado os luns

Gratuíto

Fundación MARCO, coa colaboración da Concellería de Cultura

Destacados. Colección Telefónica comprende unha selección de pintura, escultura e obra en papel das pezas máis significativas e icónicas da colección, non só polo estilo artístico que representan, senón tamén pola importancia e a transcendencia do autor ou o interese xerado por outras institucións culturais que as solicitaron en recorrentes empréstitos expositivos: Picasso, Gris, Magritte, Delvaux, Chillida ou Tàpies, son exemplo diso. As pezas reunidas para esta ocasión no MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, sen seguir un estrito percorrido cronolóxico, permiten trazar unha breve panorámica dalgúns dos capítulos máis interesantes da historia da arte do século XX.

Ademais, como valor engadido da mostra en Vigo, xunto ás obras da Colección Telefónica, a exposición permite establecer vínculos e diálogos con creadores galegos renovadores, que deron paso á modernidade en Galicia, a través dunha selección de obras procedentes de Coleccións de Museos do Concello de Vigo.

 

 

MARCO (Museo de Arte Contemporánea)

Teléfono: 986113900

MARCO, planta baixa

Web: http://www.marcovigo.com