Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Exposición Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo: "Curtidas" - Especialidade de Artesanía en Coiro

Ata o 01-03-2019

Espazo EMAO - Sala de Exposicións (entradas pola rúa Pontevedra e Rosalía de Castro)

Horario:

Datas: do 25 de xaneiro ao 1 de marzo de 2019

Horario: Laborables de 19 a 21 horas

A Escola Municipal de Artes e Oficios, cunha longa tradición nas ensinanzas artesáns en Coiro, achega ao público con esta mostra as posibilidades, a estética e a funcionalidade do traballo neste material. Dáse así a coñecer a actividade do obradoiro de Artesanía en Coiro, como vén facendo dende 2013 ao programar cada dous anos unha exposición con tal motivo.

Con Curtidas queremos facer un recoñecemento público a todas aquelas mulleres que ao longo da historia se adicaron ao traballo do coiro nalgunha das súas vertentes: profesional, afeccionada ou artística; unha paixón por unha actividade case sempre compartida coas responsabilidades das súas vidas como nais, traballadoras, mulleres. A historia da nosa Escola serve, neste senso, de mostra: dende finais dos anos corenta a especialidade de Repuxado en Coiro, que pertencía á ponla de Enseñanzas para la Mujer, foi impartida por tres mulleres: Andrea Castro, Mercedes Pérez e Virginia García, que co seu traballo docente sementaron o que hoxe é a artesanía do coiro na nosa contorna. Máis información