Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Bus turístico

Ata o 06-01-2019

Inicio e remate: rúa Policarpo Sanz

Horario:

Horarios das rutas: 18,30, 19,30 e 20,30

Coste billete: 1,35 euros ou tarxeta PassVigo

Os vigueses e visitantes que se acheguen a Vigo durante as festas de Nadal poderán disfrutar da iluminación navideña a bordo do “NadalBus”, o Bus Turístico de Vitrasa que nestas datas se reconvirte para ofrecer aos usuarios unha orixinal e bonita viaxe polas rúas iluminadas de Vigo.

O servizo dará comezo mañá sábado, 1 de decembro ás 18.30 horas. O Alcalde de Vigo será o encargado de inaugurar o NadalBus que realizará viaxes todos os días ás 18.30, 19.30 e 20.30 horas con tres rutas diferentes en cada horario. O 10 de xaneiro será o último día do servizo.

As tres rutas, dunha hora de duración aproximadamente, comezarán e finalizarán en Policarpo Sanz, 12 (fronte a Casa das Artes) e realizarán os seguintes percorridos:

- Ruta 18.30 horas: Policarpo Sanz-Urzáiz-Gran Vía-Praza España-Pizarro-Jenaro de la Fuente- Aragón-Travesía de Vigo-Sanjurjo Badía-García Barbón-Areal-Praza Compostela-Reconquista-Policarpo Sanz.

- Ruta 19.30 horas: Policarpo Sanz-Urzáiz-Gran Vía-Praza España-Avda. Castrelos-Portanet-Val Miñor-M.Castro-Florida-Praza América-Camelias-Venezuela/Gran Vía-Areal-República Argentina-Praza Compostela-Reconquista-Policarpo Sanz.

- Ruta 20.30 horas: Policarpo Sanz-Urzáiz-Gran Vía-Praza España-Praza América-Castelao-Tomás Paredes-Camilo Veiga-Bouzas-Tomás Alonso-Torrecedeira-Cánovas del Castillo-Carral- Pontevedra-Areal-Praza Compostela-República Argentina-Policarpo Sanz.

O prezo do “NadalBus” será a tarifa ordinaria e poderá pagarse coa Tarxeta PassVigo. Os nenos ata os 3 incluídos anos viaxarán de balde.

O NadalBus conta con 47 prazas na parte superior que se cubrirán por orden de chegada. O Bus Turístico levará no seu luminoso a palabra “NADALBUS” para que sexa facilmente identificable por parte dos usuarios.

Este novidoso servizo o que persigue e poder ver a iluminación de Nadal desde outra perspectiva, sobre rodas, evitando o tráfico e as aglomeracións de xente que se producen durante estas datas nas rúas.