Escudo Concello de Vigo

Actualidade

130 ANOS DE LOITA E CONQUISTA - (VERBUM - CASA DAS PALABRAS)

Ata o 20-11-2018

Sala de exposicións do Verbum

Horario: De martes a venres.- De 17,00 a 20,00 h Sábados, domingos e festivos.- De 12,00 a 14,00 h Luns pechado (incluídos festivos)

Gratuíto

Sindicato UXT, coa colaboración da Concellería de Cultura

 

A exposición itinerante ?130 anos de loita e conquista?  está a percorrer todas as provincias españolas dentro dos actos conmemorativos do 130 aniversario do Sindicato UXT, que arrancaron o pasado 12 de agosto en Barcelona cun acto que reuniu a cadros e delegados de UGT de toda España. Está composta por 20 paneis, 14 deles de carácter histórico e 6 temáticos. Trátase de repasar os 130 anos de loita obreira nos que UXT estivo sempre ao carón dos traballadores e traballadoras.

 

 

En agosto de 1888 ten lugar un acontecemento fundamental da historia do movemento obreiro español: fúndase en Barcelona a Unión Xeral de Traballadores, creada para a defensa dos dereitos e a mellora das condicións de vida da clase traballadora.

 

A exposición recolle os períodos máis significativos desta longa traxectoria repasando os 130 anos de loita obreira e reivindicación dun mundo máis xusto, onde  poderán atopar as datas e eventos máis importantes.

 

Repásanse os principais logros do Sindicato nos anos de protestas, baixo a ditadura de Primo de Rivera, durante a chegada da II República, durante a Guerra Civil, na época da clandestinidade e o exilio de UXT pola dictadura franquista. Prosigue coa chegada da democracia e a legalización do Sindicato, cos anos 80 nos que se converte en primeira forza sindical e alcánzanse os anos de desavenencias de principios dos 90. A exposición finaliza coa etapa máis moderna, cos novos retos sociais, as alternativas para saír da crise e a recuperación de dereitos laborais.