Escudo Concello de Vigo

Actualidade

13 estampas da traizón. 80 anos da súa publicación

Ata o 24-02-2019

Casa das Artes. Terceiro andar

Horario: Inauguración 19:00 h De luns a venres.- De 18:00 a 21:00 h. Sábados.- De 12,00 a 14,00 e de 18:00 a 21:00 h. Domingos e festivos.- De 12,00 a 14,00 h.

Gratuíto

Fundación Laxeiro, coa colaboración da Fundación Luís Seoane e a Concellería de Cultura

A  Fundación Laxeiro inaugura a exposición titulada 13 estampas da traizón. 80 anos da súa publicación. Un proxecto producido pola Fundación Luís Seoane que, despois de verse na súa sé na Coruña, viaxa agora a Vigo onde se poderá visitar ata o 24 de febreiro.

Trece estampas da traizón. 80 anos da súa publicación é un proxecto expositivo que xira ao redor do álbum de debuxos Trece estampas da traizón de LuísSeoane co que o artista galego sinalaba aos responsables do golpe de Estado de 1936 e aos seus cómplices, e poñía de manifesto a dramática situación dapoboación civil por mor do conflito e a represión posteriores. O álbum de Seoane, o primeiro realizado polo pintor, foi editado en 1937, e formou parte dasdiversas publicacións que integraron a campaña de propaganda no exterior levadas a cabo polo goberno da República.

A exposición, comisariada pola directora da Fundación Luís Seoane, Silvia Longueira Castro, e pola profesora da UDC María Antonia Pérez Rodríguez, parte dos trece debuxos orixinais de Luís Seoane, catorce se incluímos a portada do álbum, para realizar un retrato do momento cultural e histórico que acompañou a súa publicación, mediante un proceso de contextualización que inclúe obra plástica doutros artistas, documentación diversa e abundante bibliografía, un conxunto de pezas seleccionadas tras un labor de investigación levado a cabo a través de institucións públicas e coleccións privadas de Galicia e España.

 

Casa das Artes

Teléfono: 986439525

Casa das Artes. Terceiro andar

Web: http://www.vigocultura.org/es/museos