Escudo Concello de Vigo

Actualidade

"LEOPOLDO VARELA. LUZ E COR" - (CASA DAS ARTES)

Ata o 28-10-2018

Casa das artes. Planta primeira (rúa Policarpo Sanz 15, 36202 Vigo)

Horario: INAUGURACIÓN (21-09-18): 20:00 h ? RESTO PERÍODO EXPOSITIVO: luns a sábado: de 18:00 h a 21:00 h ? Sábados, domingos e festivos: de 12:00 h a 14:00 h

Gratuíto

Concellería de Cultura

Falar de Leopoldo Varela é deleitarse coas cores da paisaxe galega. Percorrer as súas obras supón compartir unha mirada poética sobre Galicia e, especialmente, sobre este Vigo que tanto amou: o parque de Castrelos, o Berbés, o Náutico, os peiraos ou a praia do Vao. Lugares polos que o artista paseaba a miúdo e detallaba despois no seu estudio.

A exposición presenta 67 cadros, froito da súa dedicación entusiasta e continua á pintura ao longo de máis de cincuenta anos; conta con obra de todo o seu período creativo, que iniciou contra 1943. Varela penetrou na pintura coa acuarela, técnica que traballaría intermitentemente ao longo da súa vida, e coa que tratou fundamentalmente temáticas mariñeiras e bodegóns.Nesta exposición contamos con oito delas, algunhas da súa primeira época e outras da década dos 70. Con todo, a súa atracción polas cores empuxouno xa desde moi cedo ao uso dos óleos, cos que podía plasmar sobre o lenzo as paisaxes imaxinadas e luminosas que a realidade suxeríanlle. Penetrou así no tratamento da luz da paisaxe galega, tanto en contornas rurais como en mariñas, e noutras temáticas nas que non se prodigou tanto, como bodegóns, paisaxes urbanas, etc., cun estilo propio influenciado claramente polo impresionismo.

Con esta exposición, pois, dispoñemos dunha visión de conxunto moi ampla e exhaustiva da traxectoria artística dun pintor galego sempre fiel ao seu xeito de entender a pintura.

 

 

MÁIS INFORMACIÓN NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA

Casa das Artes

Teléfono: 986439525

Casa das artes. Planta primeira (rúa Policarpo Sanz 15, 36202 Vigo)

Web: http://www.vigocultura.org/es/museos