Escudo Concello de Vigo

Actualidade

"CLUB DE LECTURA" - (BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS)

11-10-2018

Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas (avd. Martínez Garrido 21, 36205 Vigo)

Horario: 19:00 h

Gratuíto

Concellería de Cultura

Outubro: xoves  4 e 11  ás 19 h

Novembro: xoves  8 e 22 ás 19 h

Decembro: xoves 13 e 20  ás 19 h

 

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reunirá dúas veces ao mes (1 e 3 xoves) na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora e escritora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións con outras persoas lectoras.

 

Coordina: Marila Ruíz

Destinatarios: persoas socias do club

Prazas: 25 participantes

Inscrición: as persoas interesadas  en participar no club poden formalizar a súa inscrición a  partir das 10:30 h do 18 de setembro de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A participación no club é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA

Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Teléfono: 986267759

Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas (avd. Martínez Garrido 21, 36205 Vigo)

Web: http://bibliotecaneiravilas.vigo.org/