Escudo Concello de Vigo

Actualidade

AITANA, ANA GUERRA, CEPEDA, MIRIAM E ROI EN CONCERTO. Vigo en Festas 2018

10-08-2018

Auditorio ao aire libre de Castrelos

Horario:

22:30 horas

Zona de pago (platea): ESGOTADO / Grada anfiteatro do parque: ACCESO LIBRE

Servizo de Festas

Os concursantes do programa televisivo Operación Triunfo 2017 Aitana, Ana Guerra, Cepeda, Miriam e Roi reúnense en Vigo para ofrecer un espectáculo único a todos os seus seguidores. Desde o seu paso polo programa, cada un destes artistas ten aumentado o seu número de fans ademais de acadar grande éxito cos seus singles (como é o caso de "Lo malo", con Aitana e Ana Guerra) ou ben de iniciar a composición e gravación dos seus primeiros traballos en solitario.

A venda de entradas para este concerto (así como para os demáis concertos deste programa no recinto) realízase exclusivamente a través de Ticketea (www.ticketea.com / teléfono 902 044 226 / tenda Elepé).