Escudo Concello de Vigo

Actualidade

LITTLE STEVEN & THE DISCIPLES OF SOUL (VIGO EN FESTAS 2018)

Ata o 13-07-2018

Auditorio ao aire libre de Castrelos

Horario:

23:00 horas

6,00 euros en venda anticipada / 8,00 euros en taquilla

Servizo de Festas

Man dereita de Bruce Springsteen, membro do selecto club de artistas lendarios que foron incluídos no Rock'nRoll Hall of Fame, alma da E Street Band e un dos guitarristas máis carimásticos do rock estadounidense, Little Steven chega a Vigo, rodeado dunha abraiante banda de 14 músicos, os seus Disciples of Soul. Nos seus directos fan un repaso á historia do rock, reinvindicando a figuras que marcaron a música con maiúsculas.

A venda de entradas para este concerto (así como para os demais concertos deste programa no recinto) realizaranse exclusivamente a través de Ticketea (www.ticketea.com / teléfono 902 044 226 / Tenda Elepé).