Escudo Concello de Vigo

Actualidade

"Os libros ao sol". Biblioteca de praia

Ata o 30-07-2018

Paseo de Samil-praia da Argazada (ver plano anexo)

Horario:

Horario de biblioteca: en horario de mañá (de 10.00 a 13.30 h) e de tarde (de 16.00 a 20.00 h)

Horario das actividades complementarias: ver o díptico informativo

Gratuíto

Un novo programa de dinamización da lingua galega nace este verán... OS LIBROS AO SOL.

Unha campaña de fomento da lectura en galego dirixido a todos os treitos de idade: infantil, xuvenil e adulto.

Os libros ao sol é unha biblioteca que achega á praia, concretamente na Argazada (no paseo de Samil) libros e actividades durante o mes de xullo.

É un programa das concellarías de Xuventude e Normalización Lingüística que conta coa colaboración das editoriais Elvira, Galaxia, Ir Indo e Xerais.

Biblioteca

(Normas de funcionamento e libros)

En horario de mañá (de 10.00 a 13.30 h) e de tarde (de 16.00 a 20.00 h) estará á disposición de quen o desexe unha ampla variedade de libros de todos os xéneros e, asemade, haberá contos, cantos, música, xogos... agasallos e concursos

Ligazón coa web de Xuventude