Escudo Concello de Vigo

Actualidade

"OS MONOS DE LAXEIRO. OBRA HUMORÍSTICA NA PRENSA"- (CASA DAS ARTES)

Ata o 16-09-2018

Casa das Artes. 3 andar (rúa Policarpo Sanz 15, 36202 Vigo)

Horario: (VENRES 22-06-18): 19 h ? RESTO PERÍODO EXPOSITIVO: Luns a sábado: de 18:00 h a 21:00 h ? Sábados, domingos e festivos: de 12:00 h a 14:00 h

Gratuíto

Fundación Laxeiro, coa colaboración da Concellería de Cultura

A Fundación Laxeiro presenta unha exposición na que, por primeira vez se poden ver todas as viñetas humorísticas que Laxeiro publicou na prensa, en concreto nos xornais El pueblo gallego e Faro de Vigo, nos anos 1928, 1929 e 1930. A exposición é un acontecemento cultural de primeira orde, xa que nunca antes se vira este interesante traballo de Laxeiro na súa totalidade. Co gallo da exposición, a editorial Laiovento, publica o libro homónimo, no que reproduce a totalidade das viñetas (corenta e nove) acompañadas ademais con textos asinados por Manuel Igrexas, Félix Caballero e Javier Pérez Buján.