Escudo Concello de Vigo

Actualidade

VIGO EN FESTAS 2018: ENTRADAS ESPECTÁCULOS AUDITORIO DE CASTRELOS

Evento permanente

Auditorio ao aire libre de Castrelos

Servizo de Festas

O programa "Vigo en Festas" 2018 inclúe unha serie de actuacións no Auditorio ao aire libre de Castrelos, que terán lugar os meses de xullo e agosto. De momento están confirmados os seguintes espectáculos:

- LITTLE STEVEN & THE DISCIPLES OF SOUL: 12 de xullo - 22:30 horas

- JOAN MANUEL SERRAT: 21 de xullo - 23:00 horas

- MANÁ: 23 de xullo - 23:00 horas

- DORIAN + ZOÉ: 27 de xullo - 22:30 horas

- CORAL CASABLANCA: 28 de xullo - 23:00 horas

- MORAT: 31 de xullo - 23:00 horas

- RAPHAEL: 2 de agosto - 23:00 horas

- CANTAJUEGOS (Cativo musicais): 4 de agosto - 20:00 horas

- JUANES: 8 de agosto - 23:00 horas

- AITANA, ANA GUERRA, CEPEDA, MIRIAM e ROI: 10 de agosto - 22:30 horas

Proximamente irán confirmándose máis actuacións deste programa no recinto.

Prezos

Tanto o concerto da Coral Casablanca como os espectáculos infantís Cativo musicais son de carácter gratuito, estando o acceso limitado unicamente á capacidade do recinto. Para estes concertos non será necesario a adquisición previa de entradas.

Os demais espectáculos terán prezos populares:

- Serrat, Dorian+Zoe e Morat: 5,00 euros (máis gastos) en venda anticipada / 7,00 euros en taquilla

- Little Steven e Juanes: 6,00 euros (máis gastos) en venda anticipada / 8,00 euros en taquilla

- Maná, Raphael e Aitana+AnaGuerra+Cepeda+Miriam+Roi: ESGOTADO

Venda de entradas

As canles de venda oficiais para a adquisición anticipada destas entradas son:

- Páxina web de Ticketea: https://www.ticketea.com/organizers/vigo-festas-2018/

- Teléfono de Ticketea: 902 044 226

- Tenda Elepé: rúa Doctor Cadaval nº 35 Vigo

O Concello de Vigo non garante o acceso aos concertos daquelas entradas adquiridas en outros puntos de venda que non sexan os oficiais, anteriomente mencionados.

Inicio venda de entradas

A venda de entradas actívase de forma escalonada:

- 8 de xuño - 10:00 horas: inicio venda de entradas Maná e Dorian+Zoé

- 8 de xuño - 12:00 horas: inicio venda de entradas Morat e Raphael

- 8 de xuño - 14:00 horas: inicio venda de entradas Little Steven e Serrat

- 8 de xuño - 15:00 horas: inicio venda de entradas Juanes

- 22 de xuño - 10:00 horas: inicio venda de entradas Aitana, Ana Guerra, Cepeda, Miriam e Roi

Límite de entradas por persoa en venda anticipada: 4