Escudo Concello de Vigo

Actualidade

"XIII FESTIVAL CORAL DAS LETRAS GALEGAS" - (AUDITORIO "MAR DE VIGO")

Ata o 20-05-2018

Auditorio ?Mar de Vigo? (avenida Beiramar 59, 36202 Vigo)

Horario: 18:00 h

Libre até completar aforamento

ACOPOVI, coa colaboración da Concellería de Cultura

A Asociación de Corais Polifónicas de Vigo-ACOPOVI organiza, coa colaboración da Concellería de Cultura, a decimoterceira edición do Festival Coral das Letras Galegas, que se celebrará no Auditorio "Mar de Vigo", os días 13, 17 e 20 de maio, ás 18:00 h. A entrada é gratuita até completar aforamento.

En total serán trinta e catro masas corais da cidade as que tomarán parte neste festival.