Escudo Concello de Vigo

Actualidade

"COLECCIÓN VENTO" DE HORACIO DE LA CAMPA - (CASA DAS ARTES)

Ata o 20-05-2018

Casa das Artes, planta primeira (r/ Policarpo Sanz 15, 36202 Vigo)

Horario: Venres (20-04-18): 20:00 h ? RESTO PERIODO EXPOSITIVO: de luns a sábado de 18 a 21 h; sábados, domingos e festivos de 12 a 14 h

Gratuíto

Concellería de Cultura

A Casa das Artes acolle unha exposición do artista vigués Horacio de la Campa, baseada na súa colección Vento. Trátase de 73 obras, das que se expoñen 48, de distintas dimensións, cunha técnica onde predomina o acrílico sobre lenzo, aceites, tintas e óleos. Na mostra pódense ver obras representativas de Vigo, como a praza do Berbés, praza da Constitución, Casa do Concello, a ribeira do Berbés, Samil, e mariñas.

O artista utiliza o lenzo como soporte que recolle a expresión e a cor das súas obras, para as que maioritariamente emprega pintura acrílica, ainda que dependendo da obra pode empregar outras compoñentes para lograr tonalidades que non se conseguen só co acrílico. As súas obras recréanse en varios estilos: paisaxismo impresionista, impresionismo abstracto e pintura creativa de arte contemporánea.

Casa das Artes

Teléfono: 986439525

Casa das Artes, planta primeira (r/ Policarpo Sanz 15, 36202 Vigo)

Web: http://www.vigocultura.org/es/museos