Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Programa de actos no mes de marzo con motivo da conmemoración do 8 de marzo "Día Internacional das Mulleres"

Ata o 27-03-2018

Ver os carteis informativos

Horario:

Ver os carteis informativos

Todas as actividades son gratuítas, agás a entrega do VI Premio de Igualdade

A Concellaría de Igualdade organiza no mes de marzo numerosos e diversos actos e actividades con motivo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres.

Na organización e desenvolvemento da meirande parte deste programa colabora o Consello Municipal da Muller.

O programa contempla as seguintes actividades:

Proxeccións de filmes, actuación musical de Wöyza, contacontos para cativas e cativos, pleno específico do Consello Municipal da Muller, visita guiada ao Roteiro Feminino "Sons de Mulleres", entrega do VI premio de Igualdade "Ernestina Otero", recital aberto de poesía de xénero, Carreira "Vigo móvese pola Igualdade"...

Todas as actividades teñen a entrada gratuíta ata completar a capacidade do local coas seguintes excepcións.

.- O VI Premio de Igualdade "Ernestina Otero" entregarase no transcurso dunha cea no hotel Coia o venres 9 de marzo ás 22:00 h. Prezo do menú 29 €. Inscrición previa. Máis información neste enlace

.- A Carreira "Vigo móvese pola Igualdade". Saída ás 11:30h desde a Porta do Sol o domingo 11 de marzo. Inscricións no portal www.championchipnorte.com

4 Km de percorrido polas rúas céntricas de Vigo que pode realizarse correndo, camiñando ou a paso lixeiro.

.- O Pleno específico do Consello Municipal da Muller terá lugar o día 7 de marzo ás 10:00 h no salón do plenos do Concello. Como en todas as sesións plenarias o público terá que identificarse antes de entrar.

En arquivos anexos pódese consultar o programa completo de actividades

A información tamén está recollida na páxina web igualdadevigo.org