Escudo Concello de Vigo

Actualidade

ENTROIDO 2018: CONCURSO DE DISFRACES

Ata o 13-02-2018

Lonxa da Casa do Concello

Horario:

De 18:00 a 20:00 horas (12 de febreiro, categorías Infantil) / De 18:30 a 20:30 horas (13 de febreiro, categorías Xeral)

Gratuíto

Servizo de Festas / Agrupación de Centros deprotivos e culturais / Federación de Peñas El Olivo

A Xunta de Goberno local aprobou na súa sesión extraordinaria do 25 de xaneiro de 2018 as Bases de participación e Convocatoria para o Concurso de Disfraces do Entroido de Vigo 2018.

Este concurso terá lugar na lonxa da Casa do Concello os vindeiros 12 e 13 de febreiro (categorías Infantil e Xeral, respectivamente).

Aquelas persoas que desexen inscribirse neste Concurso deberán facelo o mesmo día do concurso na lonxa da Casa do Concello, segundo o horario que se recolle na base segunda.