Escudo Concello de Vigo

Actualidade

CONCURSO VENTE COS REIS MAGOS - INSCRICIÓN

Ata o 15-12-2017

Caixas de correos reais (Casa do Concello e Centros cívicos de Casco Vello, Teis, Coruxo e Saiáns)

Servizo de Festas

As Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente convocan a todas as nenas e nenos de Vigo que teñan nacido entre o 1 de xaneiro de 2005 e o 31 de decembro de 2009 para participar no desfile da próxima Cabalgata de Reis.

Se che interesa, debes depositar a túa solicitude de inscrición para o Concurso "Vente cos Reis Magos" nalgunha das caixas de correos reais (que estarán instaladas na lonxa da Casa do Concello e nos Centros cívicos de Casco Vello, Teis, Coruxo e Saiáns) entre os días 1 e 15 de decembro.

O sorteo para a selección das/dos trinta e seis acompañantes será o 20 de decembro ás 12:00 horas na Casa do Concello (Auditorio municipal).