Escudo Concello de Vigo

Actualidade

"COÑECENDO A BIBLIOTECA" - (BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS)

Ata o 30-12-2017

Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas (avd. Martínez Garrido 21, 36205 Vigo)

Horario: MAÑÁS: de martes a sábado de 10:30 h a 14:00 h - TARDES: de luns a venres de 17:00 h a 20:30 h

Gratuíto

Concellería de Cultura

A biblioteca realiza visitas guiadas  de grupos, entidades ou colectivos que queiran coñecer o espacio, os servizos e as actividades da biblioteca.

Os interesados en participar nesta actividade poden solicitar máis información na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta.

 

Destinatarios: actividade para  entidades ou colectivos que queiran coñecer a biblioteca.

Aforamento: grupos de 30 persoas, por cada actividade.