Escudo Concello de Vigo

Actualidade

"ELECTRA" DE COMPAHIA DO CHAPITÔ " (AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO)

13-10-2017

Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei 1, 36202 Vigo)

Horario: 21:00 h

8 €

Concellería de Cultura

Despois de Edipo, a Companhia do Chapitô atrévese con outro título complexo (que non complicado) dentro da traxedia grega: Electra. Na Atenas do rei Agamenón convócase unha guerra para liberar á bela Helena das garras do seu secuestrador (ou non, que hai quen di que se foi con Paris encantada da vida). Ao non ter vento favorable para os seus barcos, Agamenón sacrifica á súa filla Ifixenia por indicación dos profetas. Este feito desencadea que Clitemnestra trame a súa vinganza xunto a Existo, o seu amante e primo do rei. Tras dez anos de guerra, ao volver de Troia, Agamenón é asasinado, e Electra, coa axuda do seu irmán Orestes, víngase asasinando aos amantes. E todo este baño de sangue, con mooooooiiiiitas culleres, está en clave de comedia esmendrellante. Estilo Chapitô.

 

* Premio dos profesionais ao mellor espectáculo de teatro na Feira de Huesca.

 

Compañía: Chompahia do Chapito.

Xénero: teatro.

Autoría: baseada nos textos clásicos de Sófocles e Eurípides.

Dirección: Jose Carlos García e Cláudia Novoa.

Tradución: César Arias e María Guerrero.

Vestiario: Glória Mendes.

Música: VV.AA.

Deseño de iluminación: David G. Florentino.

Deseño de son: David G. Florentino.

Elenco artístico: Nadia Santos, Jorge Cruz e Tiago Viegas.

Idioma: castelán.

Público: adulto.

Duración: 55 minutos.

Prezo: 8.

 

 

AS ENTRADAS PODERÁN ADQUIRIRSE ANTICIPADAMENTE

(sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes)

- A través da páxina web de Ticketea

- No teléfono 90244226

- Na Central de Espectáculos (Velázquez Moreno, 26)

Horario: De 10 h a 13 h e de 17 h a 20 h de luns a venres / De 10 h a 13 h os sábados

- O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas disponibles) 

ABONOS

(só en anticipada, non poderán adquirirse no despacho de billetes do propio Auditorio)

-ABONO Á CARTA 5

Elixe 5 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 15 % de desconto sobre o prezo total.

-ABONO Á CARTA 10

Elixe 10 espectáculos de toda a programación combinados como queiras e goza dun 25 % de desconto sobre o prezo total.



PROGRAMA COMPLETO NO ARQUIVO QUE SE ACHEGA.

PROGRAMA RESUMIDO NO SEGUINTE ENLACE.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O FUNCIONAMENTO DO DESPACHO DE BILLETES E DOS ACCESOS AOS ESPECTÁCULOS ORGANIZADOS POLA CONCELLERÍA DE CULTURA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO NO SEGUINTE ENLACE.