Escudo Concello de Vigo

Actualidade

CON A DE ASTRÓNOMAS - (CASA DAS ARTES)

Ata o 14-05-2017

Casa das Artes. 1 andar (rúa Policarpo Sanz, 36202 Vigo)

Horario: APERTURA (22-03-17): 19:30 h RESTO PERÍODO EXPOSITIVO: luns a sábado: de 18:00 h a 21:00 h Sábados, domingos e festivos: de 12:00 h a 14:00 h

Gratuíto

Áreas de Igualdade do Concello de Vigo e maila Deputación Provincial de Pontevedra, coa colaboración

En todas as épocas da historia atopámonos con astrónomas que adicaron os seus días e as súas noites ao estudo dos corpos celestes. Esta mostra lembra moitas delas, desde Aglaonike que predecía eclipses de lúa na Grecia clásica a Caroline Herschel que descubriu cometas e estudou as estrelas binarias no século XVIII. E tamén a moitas investigadoras que na actualidade son punta de lanza na vangarda desta ciencia.

Con A de Astrónomas é unha iniciativa do grupo Ella es una astrónoma formado por profesionais do campo da astronomía, a filosofía, a historia e o ensino. A mostra está integrada por paneis físicos, elementos interactivos e material de atrezo (réplicas de instrumentos antigos e estatuas) utilizado na película Ágora, dirixida por A. Amenábar, que narra a vida de Hipatia de Alexandría.

A través dunha serie de paneis faise un percorrido entre os principais fitos da astronomía e o papel fundamental que tiveron as mulleres desde a antigüidade ata os nosos días. O descubrimento dos púlsares, a estrutura a gran escala do Universo, ou a medida das distancias estelares pasean ante os noso ollos explicadas dun xeito divulgativo e ameno.

Na preparación da mostra participaron nove astrónomas de distintos centros de investigación, entre elas Josefina F. Ling, da Universidade de Santiago de Compostela e comisaria da exposición xunto á historiadora da ciencia Eulalia Pérez Sedeño. Tanto Ling como Sedeño foron dúas das científicas encargadas de seleccionar os contidos dos 13 paneis que a integran, un de presentación, nove dedicados a conceptos astronómicos, dous á contextualización histórica e a mostrar a relación entre astronomía e cultura e un recompilatorio coas imáxenes de 116 astrónomas españolas.