Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Exposición fotográfica "Viaxando a media lúa: Unha vida dentro de outra vida"

Ata o 31-03-2017

Sala de exposicións da Casa da Xuventude de Vigo (Rúa López Mora, 31).

Horario: Luns a venres: de 9 a 14 horas e de 16:30 a 20:30 horas. Sábados: de 10:30 a 13:30 horas e de 16:30 a 20:30 horas.

Gratuito.

Presentámosvos a Joanna Wójcik e Nelson Bardón, dous amantes das viaxes, o arte e a fotografía. Ambos desexan compartir os seus descubrimientos, experiencias, fotografías e propostas artísticas a raíz das súas viaxes. Para eles “la felicidad nunca será plena si no se comparte”.

Este proxecto vital xorde coa súa primeira viaxe xuntos na que percorreron en bicicleta a media lúa ibérica, partindo de Gerona ata chegar a Lisboa. Esta ruta pretende ser o prólogo do seu viaxar polo mundo.

Dende a Casa da Xuventude temos o pracer de acoller a súa exposición fotográfica “Una vida dentro de otra vida”, onde atoparedes un recopilatorio visual desta viaxe.

Tamén brindámosvos a oportunidade de coñecelos o 13 de marzo ás 13 horas e descubrir de primeira man o sentido da súa viaxe.

Como adianto podedes acceder á exposición virtual.

Web dos artistas: viajandoamedialuna.com