Escudo Concello de Vigo

Actualidade

Exposición: "#handmadenothomemade. Coiro: cor e volume"

Ata o 07-04-2017

Espazo EMAO. Edificio Anexo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (entrada polas rúas Rosalía de Castro e Pontevedra).

Horario: De 19 a 21 horas, días laborables.

O obxectivo xeral da exposición é amosar, con traballos de primeira liña de artesáns nacionais e internacionais, a cor e o volume no traballo en coiro. As pezas expostas distribúense en catro seccións:

- Obras de artesáns e artistas internacionais

- Coiro a distancia: pezas elaboradas por ex-alumnado da EMAO a partir de deseños orixinais cedido por un artista consagrado.

- Pezas da colección do Museo Al Stohlman de Fort Worth (Texas, USA)

- O Muro: instalación realizada polo alumnado actual da especialidade na EMAO.

Pódese consultar información complementaria en:

- Información xeral

- Novas e imaxes sobre a exposición